Xunta de Galicia de 2012
Aparencia
Tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, o 2 de decembro de 2012, o goberno da Xunta de Galicia quedou formado polo presidente e 8 consellarías, todas elas rexidas por membros do PPdeG. A única mudanza co anterior goberno é o cambio de Javier Guerra por Francisco Conde á fronte da Consellería de Economía e Industria.[1]
Posteriormente, no ano 2015, primeiro polos resultados das eleccións municipais e despois polos problemas na posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro, houbo outros cambios, tanto de nomes como na distribución de funcións entre consellarías.[2] Esta foi a composición da Xunta e os seus titulares:
Alberto Núñez Feijoo | Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza | Alfonso Rueda | ||
Consellaría de Facenda | Valeriano Martínez García | |||
Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas | Beatriz Mato | |||
Consellería de Economía, Emprego e Industria | Francisco Conde López | A anterior Consellaría de Economía e Industria engade, agora, as competencias
sobre emprego. | ||
Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria | Román Rodríguez González | |||
Consellaría de Sanidade | Jesús Vázquez Almuíña | |||
Consellaría de Cultura e Turismo | Roberto Varela | |||
Consellería de Política Social | José Manuel Rey Varela | A anterior consellaría de Traballo e Benestar muda o nome a Consellaría de Política social. | ||
Consellaría do Mar | Rosa Quintana | Vólvense separar as Consellarías do Medio Rural e do Mar | ||
Consellaría do Medio Rural | Ángeles Vázquez Mejuto | |||
Consellaría de Infraestruturas e Vivenda | Ethel Vázquez Mourelle |
Predecesor: Xunta de Galicia de 2009 |
Xunta de Galicia de 2012 2012 - 2016 |
Sucesor: Xunta de Galicia de 2016 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ EFE (2 de decembro de 2012). "Feijóo nombra a Francisco Conde conselleiro de Economía e Industria". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2023.
- ↑ Cheda, M. (4 de outubro de 2015). "Feijoo remodela por sorpresa o seu Goberno". lavozdegalicia.es. Consultado o 17 de xullo de 2023.