Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Suxeriuse que "[[Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes]]" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza | |
---|---|
Tipo | ministerio e consellería da Xunta de Galicia |
Data de fundación | 1983 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
http://cpapx.xunta.es/portal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza foi unha consellería da Xunta de Galicia existente entre 1983 e 2018. Tivo como principais funcións a xestión das relacións da Xunta coas administracións locais e de xustiza. Tamén se ocupaba da xestión interna e da administración autonómica, así como da policía autonómica de Galicia. O seu último conselleiro foi Alfonso Rueda.
Historia
[editar | editar a fonte]A consellería de presidencia tivo distintas denominacións e funcións ao longo da historia. Ademais, durante algúns períodos levou tamén aparellado o cargo de vicepresidencia da Xunta.
En 1983 (por uns meses) e despois dende 1983 ata 1990 absorbe ademais as competencias da Consellería de Xustiza e Interior. Durante a maior parte da súa existencia, agás entre 1990 e 1993, e 2005 e 2009 a consellería integra tamén a área de Relacións Institucionais (véxase tamén Consellería de Relacións Institucionais). A consellería desapareceu durante a reorganización de 2018.[1] As competencias en xustiza e presidencia pasaron á Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a competencia en administracións públicas pasou á Consellería de Facenda e Administración Pública.
Conselleiros
[editar | editar a fonte]- Xosé Luís Barreiro Rivas (1982-1983). Primeiro como conselleiro de Presidencia e en 1983 como conselleiro de Presidencia e Xustiza. Ese mesmo ano volve ser unicamente conselleiro de Presidencia, pero co engadido de ocupar a vicepresidencia de asuntos políticos.
- Manuel Anxo Villanueva Cendón (1986-1987)
- Pablo González Mariñas (1987-1989)
- Dositeo Rodríguez (1989-1999). Conselleiro de Presidencia e Administración Pública.
- Jaime Pita (1999-2005). Conselleiro de Presidencia e Administración Pública, e a partir de 2001, conselleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
- José Luis Méndez Romeu (2005-2009). Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
- Alfonso Rueda (2009-2018).
Estrutura interna
[editar | editar a fonte]Secretarías e direccións xerais
[editar | editar a fonte]Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, a consellería de Presidencia conta coas seguintes direccións xerais:
- Dirección xeral de Xustiza: Juan José Martín Álvarez
- Dirección xeral de Administración local: Norberto Uzal
- Dirección xeral de Relacións institucionais e parlamentarias: Roberto Castro
- Dirección xeral de Emerxencias e interior: Santiago Villanueva Álvarez
- Dirección xeral de Relacións exteriores e coa Unión Europea: Xesús Gamallo
- Dirección xeral de Avaliación e reforma administrativa: Jaime Bouzada
Entes adscritos á consellería
[editar | editar a fonte]- Escola Galega de Administración Pública (EGAP): Pablo Figueroa Dorrego, director.
- Academia Galega de Seguridade Pública
- Axencia Galega de Emerxencias
- Policía autonómica de Galicia
- Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA)
Notas
- ↑ "DECRETO 88/2018, do 26 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia" (PDF). Diario Oficial de Galicia. 26 de setembro de 2018.