Tau Ceti
Tau Ceti (τ Cet, τ Ceti)[1] é unha estrela da constelación de Cetus[2] que se asemella espectralmente ó sol, malia que só ten o 78% da masa do sol. A unha distancia de pouco menos de 12 anos luz do sistema solar, é unha estrela relativamente achegada, e é a estrela solitaria máis próxima de tipo G.[3] A estrela semella estable, cunha lixeira variación estelar.
Tau Ceti é deficiente do metal, o cal se relaciona acotío cando non hai planetas xigantes e poucos planetas rochosos. As observacións detectaron que hai dez veces máis po que o presente no sistema solar.
Dende decembro de 2012, hai probas de cinco planetas orbitando Tau Ceti, e un deles pode estar potencialmente na zona de habitabilidade.[4][5] Por mor do disco residual, calquera planeta que orbite Tau Ceti pode padecer máis impactos astronómicos que a Terra. Malia este atranco de habitabilidade, as súas características como análogo solar (semellante ó Sol) fixeron medrar o interese pola estrela. De acordo coa súa estabilidade, semellanza e relativa proximidade ó Sol, Tau Ceti está sempre na lista de obxectivos do proxecto da Search for Extra-Terrestrial Intelligence (SETI), e aparece na literatura de ciencia ficción.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Oxford University Press (ed.). "Definición de tau na versión online do Oxford Dictionary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2015. Consultado o 3 maio 2014.
- ↑ A 19º estrela da constelación.
- ↑ Alpha Centauri está máis preto, pero forma parte dun sistema triplo.
- ↑ "Tau Ceti's planets nearest around single, Sun-like star". BBC News. 19 de decembro de 2012.
- ↑ "Tau Ceti May Have a Habitable Planet". Astrobiology Magazine. 19 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2015.
- ↑ Rutkowski, Chris A. (2010). The Big Book of UFOs. Dundurn. p. 33. ISBN 1554887607.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tau Ceti |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Near Star Catalog (en inglés)
- Tau Ceti na páxina web de Jim Kaler en STARS (en inglés)
- Tau Ceti: Life Amidst Catastrophe? en Centauri Dreams (en inglés)