SETI
SETI | |
---|---|
Acrónimo | SETI |
Tipo | interdisciplinaridade, instituto e rama da ciencia |
En | California |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://seti.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
SETI é o acrónimo do inglés Search for ExtraTerrestrial Intelligence, ou Busca de Intelixencia Extraterrestre. Existen numerosos proxectos SETI, que tratan de encontrar vida extraterrestre intelixente, xa sexa por medio da análise de sinais electromagnéticos capturados en distintos radiotelescopios, ou ben enviando mensaxes de distintas naturezas ao espazo coa esperanza de que algún deles sexa contestado.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Os primeiros proxectos SETI xurdiron baixo o patrocinio da NASA durante os anos 1970. Un dos proxectos máis famosos, SETI@Home, está sendo apoiado por millóns de persoas de todo o mundo mediante o uso dos seus ordenadores persoais, que procesan a información capturada polo radiotelescopio de Arecibo.
O proxecto SETI transcendeu o seu carácter de computación distribuída, ao deseñar e levar a cabo un novo programa que se executa no ordenador do usuario, mediante o cal é posíbel participar noutros proxectos que requiren grandes cantidades de proceso. Este programa tomou o nome de BOINC (Berkeley Open Infrastructure for Network Computing) . BOINC actúa como cliente de proxectos, e agora SETI é un deses proxectos. Algúns proxectos que comparten a infraestrutura son (mencionanse os que máis tempo levan):
- Einstein@Home: Busca púlsares (estrelas de neutróns) usando os detectores de onda gravitacionais LIGO e GEO. Están apoiados pola Sociedade americana de Física (APS).
- Climate Prediction: Ten por obxectivo realizar simulacións meteorolóxicas para conseguir realizar previsións máis acertadas.
- Rosetta@home: Pretende desenvolver un método para a predición e o deseño de proteínas e as súas interaccións. Un proxecto que pode contribuír á investigación e busca de solución a moitas enfermidades humanas.
- LHC@home: É un proxecto para axudar aos científicos do CERN nas simulacións de partículas no interior do LHC (Large Hadron Collider).
Os usuarios poden libremente apuntarse aos proxectos que queiran.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Voyager
- Voyager 1
- Voyager 2
- Pioneer 10
- Pioneer 11
- Placa da Pioneer
- Disco de ouro das Voyager
- Mensaxe de Arecibo
- Sonda espacial
- Exploración espacial
- Sinal WOW
- Astrobioloxía
- Paradoxo de Fermi
- Ecuación de Drake
- SETI@home
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Instituto S.E.T.I. (en inglés)
- AstroS.E.T.I. (en inglés)
- HispaSETI Arquivado 20 de agosto de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)