Robert Schuman
Aparencia
- Para ver o compositor, prema en Robert Schumann.
Robert Schuman, nado en Luxemburgo o 29 de xuño de 1886 e finado en Scy-Chazelles (Moselle) o 4 de setembro de 1963, foi un político francés, que xunto con Konrad Adenauer, Jean Monnet e Alcide de Gasperi é considerado como o "pai de Europa" en referencia á Unión Europea (UE). En 1959 recibiu o Premio Erasmus.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desenvolveu a súa carreira política en Francia, onde foi presidente do consello en 1947 como membro do Mouvement Républicain Populaire (MRP), despois ministro das finanzas, ministro da xustiza e ministro de asuntos exteriores (1948-1952), cargo que o levou a ser o maior negociador francés dos tratados firmados entre o final da segunda guerra mundial e o principio da guerra fría, (Consello de Europa, OTAN, CECA).
Predecesor: Hans Furler |
[[Parlamento Europeo|Presidente da Asemblea Parlamentaria Europea]] 1958 - 1960 |
Sucesor: Hans Furler |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Robert Schuman |