Saltar ao contido

François Guizot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrançois Guizot

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1787 Editar o valor en Wikidata
Nîmes, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte12 de setembro de 1874 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Abbey of Val-Richer, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSaint-Ouen-le-Pin Editar o valor en Wikidata
Head of government of France (en) Traducir
19 de setembro de 1847 – 23 de febreiro de 1848
← Nicolas Jean de Dieu SoultMathieu Louis MOLÉ DE CHAMPLATREUX →
Deputado da Asemblea Nacional
17 de agosto de 1846 – 24 de febreiro de 1848
Lexislatura: Q33522599 Traducir

Circunscrición electoral: Calvados
Deputado da Asemblea Nacional
26 de xullo de 1842 – 6 de xullo de 1846
Lexislatura: Q33523154 Traducir

Circunscrición electoral: Calvados
Deputado da Asemblea Nacional
4 de abril de 1839 – 12 de xuño de 1842
Lexislatura: Q51844286 Traducir

Circunscrición electoral: Calvados
Deputado da Asemblea Nacional
18 de decembro de 1837 – 2 de febreiro de 1839
Lexislatura: Q51844381 Traducir

Circunscrición electoral: Calvados
Cadeira 40 da Academia Francesa (pt) Traducir
28 de abril de 1836 – 12 de setembro de 1874
← Destutt de Tracy (pt) TraducirJean-Baptiste Dumas →
Deputado da Asemblea Nacional
31 de xullo de 1834 – 3 de outubro de 1837
Lexislatura: Q51844386 Traducir

Circunscrición electoral: Calvados
Deputado da Asemblea Nacional
23 de xuño de 1831 – 25 de maio de 1834
Lexislatura: Q51844400 Traducir

Circunscrición electoral: Calvados
Deputado da Asemblea Nacional
23 de xuño de 1830 – 31 de maio de 1831
Lexislatura: Q51844406 Traducir

Circunscrición electoral: Calvados
Deputado da Asemblea Nacional
5 de febreiro de 1828 – 16 de xuño de 1830
Lexislatura: Q51844414 Traducir

Circunscrición electoral: Calvados
Embaixador
Conselleiro xeral
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCalvinismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Xenebra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, tradutor, escritor, historiador, diplomático, crítico literario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Partido políticoOrleanista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoLiberalismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresPierre de Joux (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosJules Michelet e Honoré de Balzac Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeMarguerite Guizot (1828–)
Pauline de Meulan (1812–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
FillosHenriette Guizot de Witt
 () Marguerite Guizot
Pauline de Witt
 () Pauline de Meulan
Guillaume Guizot
 () Editar o valor en Wikidata
PaisAndré Guizot Editar o valor en Wikidata  e Élisabeth-Sophie Bonicel Editar o valor en Wikidata
IrmánsJean-Jacques Guizot Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMeyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1721314 Discogs: 4151524 Editar o valor en Wikidata

François Pierre Guillaume Guizot, nado en Nimes o 4 de outubro de 1787 e finado en Val-Richer o 12 de setembro de 1874, foi un historiador e político francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia burguesa hugonote, logo da morte do seu pai na guillotina durante a época do Terror da Revolución francesa, marchou a Xenebra coa súa nai, unha liberal influída polos principios de Jean-Jacques Rousseau. En 1805 trasladouse a París para estudar dereito e a partir de 1809 comezou a colaborar coa prensa parisiense. Casa en 1812 pola primeira vez, e nese ano comezou a dar clases de historia moderna na Sorbona, o 11 de decembro deu a súa primeira lectura e deu comezo ao rexurdimento da investigación histórica en Francia e conseguiu unha destacada posición social na capital francesa, ao tempo que entraba en contacto con Pierre Paul Royer-Collard, un dos líderes do partido liberal francés e serviu no primeiro goberno de Lois XVIII como secretario xeral do Ministerio do Interior, tras a volta de Napoleón dimite e volve aos seus estudos literarios. Na segunda restauración foi secretario xeral do Ministerio de Xustiza ata a súa dimisión en 1816. En 1819 volveu á política como director xeral de comunas e departamentos ata 1820, nese anos converteuse no principal líder dos doutrinarios, partidarios dunha vía intermedia entre o goberno absolutista e o popular. Foi un dos líderes da oposición a Carlos X. Entre 1822 e 1830 publicou dúas importantes coleccións de fontes históricas as Mémoires de l’Histoire d’Angleterre en 26 volumes e Mémoires sur l’Histoire de France en 31 volumes. En 1828 publicou Histoire de la civilisation en Europe e en 1830 a súa Histoire de la civilisation en France en 4 volumes.

Tras a caída de Carlos X e a subida de Lois Filipe ao trono francés, Guizot foi ministro do interior entre agosto e novembro de 1830. En outubro de 1832 ocupou o ministerio de instrución pública e reorganizou o ensino primario, introduciuse o sistema de inspección e dobrouse o número de escolas durante o seu mandato ata que deixa o posto en 1837. Nomeado embaixador no Reino Unido en 1839, asumiu o ministerio de exteriores en 1840. Foi presidente do consello de ministros entre 1847 e 1848, oposto ás reformas parlamentarias e electorais vese obrigado a deixar o poder e marcha ao Reino Unido, regresou en 1849

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]