Saltar ao contido

Rafael López López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael López López
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Vilamartín de Valdeorras, España Editar o valor en Wikidata
Cargos
Xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
Datos persoais
ResidenciaEspaña Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalMedicina
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónOncólogo
EmpregadorSERGAS
Membro de
Premios

BUSC: lopez-lopez-rafael-1959

Rafael López López, nado en Vilamartín de Valdeorras en 1959, é un médico galego, xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).[1]

Ademais, lidera o Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (ONCOMET), do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).[2][3]

É un destacado especialista en medicina traslacional.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade Autónoma de Madrid, e fixo a súa especialidade no Hospital General de Oviedo. Traballou como médico especialista en distintos hospitais de España, e exerceu durante dous anos como médico investigador no Departamento de Oncoloxía do Free University Hospital de Ámsterdam.[1][2]

Ademais do gran número de ensaios clínicos nos que participa, o doutor Lópz López publicou numerosos artigos en revistas científicas de prestixio, como o Journal of Clinical Oncology, Lancet Oncology, Oncogene, Carcinogenesis ou Molecular Cancer Therapeutics, entre outras. Lidera varios proxectos nacionais e internacionais, fundamentalmente centrados no proceso de diseminación tumoral.[2]

É ademais inventor de catro patentes e socio fundador da empresa Nasasbiotech.[2]

Desde o ano 2007 dirixe o Servizo de Oncoloxía Médica do CHUS.[2]

A unidade que dirixe Rafael López López no CHUS participou recentemente nos ensaios clínicos que fixeron posíbel que a Comisión Europea aprobara o uso de palbociclib, un medicamento para o tratamento de cancro de mama avanzado ou metastático con receptores hormonais positivos e receptor 2 do factor de crecemento epidérmico humano negativo. O fármaco recibiu a aprobación para esta indicación en combinación cun inhibidor da aromatase ou en combinación con fulvestrant en mulleres que recibiran previamente terapia endócrina. Palbociclib convértese así no primeiro inhibidor das quinases dependente de ciclinas 4 e 6 aprobado en Europa. Tamén é o primeiro novo tratamento de primeira liña aprobado para o cancro de mama metastásico RE+/HER2- en case dez anos.[4]

Así mesmo lidera unha campaña pioneira de micromecenado para afondar na investigación da biopsia líquida, que permite saber en 24 horas e cun análise de sangue o estado no que se encontra o tumor. O seu grupo Oncomet aspira a reunir medio millón de euros involucrando á sociedade galega no financiamento colaborativo. Unha iniciativa coa que Rafael López López e o seu equipo buscan situar a Galicia como referente nacional e europeo neste campo.[5]

Entre os anos 2000 e 2018 o doutor Rafael López publicou uns 20 artigos en revistas científicas (a maioría en Clinical & translational oncology) e dirixiu 10 teses de doutoramento.[3]

Desde o 19 de setembro de 2014 Rafael López López é académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, día en que leu o seu discurso "El camino de la oncología de precisión",[6] corporación na que ocupa o a cadeira de Oncoloxía.[7]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2023 recibiu a Medalla Castelao.[8]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]