Saltar ao contido

Kina Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKina Fernández

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1947 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
O Bolo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndeseñador de moda Editar o valor en Wikidata
Premios

Joaquina Fernández Álvarez, chamada Kina Fernández, nada en Celavente (O Bolo), en abril de 1947, é unha deseñadora de moda galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Tenda de Kina Fernández na rúa Real da Coruña.

Aos 15 anos emigrou a París,[1] onde aprendeu o oficio de modista e traballou con distintos deseñadores de moda. En 1972,[2] volta a Galicia e abre unha pequena tenda na Coruña, onde se dedica á venda de produtos de cosmética e á importación de roupa francesa. A primeiros dos anos oitenta abriu unha empresa de confección e comezou a deseñar roupa pola súa conta, ata que en 1985 abriu a primeira liña co seu nome.

En 1989 participa no seu primeiro desfile, e en 1999 estréase na pasarela Cibeles de Madrid. Nese ano tamén, e nesa mesma cidade, abre a súa primeira tenda. Na actualidade vende a unha ducia de países e ten seis tendas propias, dúas delas en Galicia: na Coruña e en Lugo.[3] A súa fábrica está localizada na Coruña.

A súa moda vai dirixida unicamente á muller. Traballa o prêt-à-porter, pero tamén ten unha colección de lentes, roupa de baño e de complementos.

  1. Con quince años se marchó a París, La Voz de Galicia, 28/11/2008
  2. Kina Fernández[Ligazón morta], Hoy Mujer
  3. Tendas Arquivado 27 de setembro de 2008 en Wayback Machine., web empresarial, visitada en decembro 2008

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]