Irlanda no Festival de Eurovisión
Irlanda | |
---|---|
Estación membro | RTÉ |
Final nacional | National Song Contest Eurosong You're a star The Late Late Show |
Aparicións | 45 |
Primeira aparición | 1965 |
Mellor resultado | |
Final | 1º 1970 1° 1980 1° 1987 1° 1992 1° 1993 1° 1994 1° 1996 |
Semifinal | 2º 1996 |
Peor resultado | |
Final | 26° 2013 24° 2007 |
Semifinal | 15° 2008 |
Ligazóns externas | |
Páxina en RTÉ | |
Páxina de Irlanda en Eurovision.tv |
Irlanda participou por primeira vez no Festival da Canción de Eurovisión (gaélico: Comórtas Amhrán Eorafíse) en 1965 en Nápoles, participando en cada edición, excepto en dúas: en 1983 en Múnic e en 2002 en Tallin. Raidió Teilifís Éireann (RTÉ) é a emisora representante de Irlanda no Festival, e transmite o mesmo anualmente; a semifinal transmítese en RTÉ Two e a final en RTÉ One.[1]
Todas as súas cancións foron interpretadas en inglés, fóra diso "Ceol An Ghrá" (Música do amor), a canción de 1972, que estaba en gaélico.
Irlanda gañou por primeira vez en 1970 con Dana interpretando "All Kinds of Everything". En total, o país gañou sete veces, máis ca calquera outro, así como tantas organizacións posteriores, todas elas (menos unha) en Dublín. En 1993 foi organizado en Millstreet, un pobo de 1,500 persoas no oeste do Condado de Cork.[2]
Participacións
[editar | editar a fonte]Irlanda competiu no festival case continuamente desde o seu debut. Só houbo dous anos nos que non participou, 1983 e 2002. En 1983 unha folga en RTÉ significou que a radiodifusora non tivese recursos para enviar a un representante. No seu lugar, RTÉ transmitiu o festival con comentarios da BBC. En 2002 Irlanda foi relegada do festival debido á súa mala posición anterior de 2001, pero malia iso RTÉ emitiu o festival celebrado en Tallin e enviou un comentarista.
Irlanda enviou 42 cancións a Eurovisión; das cales gañaron sete, e dezaoito terminaron entre os cinco primeiros postos aínda que nas últimas edicións obtivo baixas posicións.
Tres artistas representaron ao país no festival en máis dunha ocasión, todos eles ganadores: Johnny Logan gañando en ambas ocasións, a primeira en 1980 e a segunda en 1987, sendo a única persoa en habelo logrado. Ademais, Logan escribiu outras cancións para Linda Martin, que gañou o festival con "Why Me?" en 1992. Niamh Kavanagh, que gañou en 1993, volvería en 2010.
En case todos os festivais onde houbo orquestra (ata 1998) a canción irlandesa era conducida por Noel Kelehan. As excepcións foron en 1965 (conduciu Gianni Ferrio), 1970 (Dolf van der Linden), 1972-1975 (Colman Pearce), 1979 (Proinnsias O'Duinn), 1994 (Non houbo condutor, aínda que Kelehan conduciu outras cancións) e en 1997 (Frank McNamara).
Votacións
[editar | editar a fonte]Irlanda benefíciase ocasionalmente do voto entre veciños por parte do Reino Unido, aínda que non foi así en 2007. Antes da introdución do televoto, os xuíces irlandeses tendían a darlle ao Reino Unido máis ou menos a mesma cantidade de puntos que os demais países. Desde a aparición do televoto ambos países outorgáronse puntuacións por encima da media.
Estatisticamente, Irlanda é o oitavo mellor país para predicir ao ganador (detrás de Montenegro, o agora extinto Serbia e Montenegro, os Países Baixos, Suíza, Suecia, Polonia e Hungría), outorgándolle unha media de 8.56 puntos ao país ganador cada ano ao longo dos seus 25 aparicións desde que se implementou o sistema de puntos actual. Só dúas veces (Turquía en 2003 e Acerbaixán en 2011) non lle outorgou puntos ao país ganador.[3]
Irlanda benefíciase ocasionalmente do voto entre veciños por parte do Reino Unido, aínda que non foi así en 2007. Antes da introdución do televoto, os xuíces irlandeses tendían a darlle ao Reino Unido máis ou menos a mesma cantidade de puntos que os demais países. Desde a aparición do televoto ambos países outorgáronse puntuacións por encima da media. Desde a adopción do sistema de puntos actual en 1975, Irlanda deu e recibido puntos de 39 países.
Nos últimos anos Irlanda sempre adoita dar altas puntuacións aos tres Estados Bálticos, tanto en semifinais (12 puntos a Letonia en 2007,12 a Lituania en 2009,12 a Lituania en 2010, 10 a Estoniana e 7 a Letonia en 2011) como na final (12 puntos a Lituania e 10 a Letonia en 2007;12 a Letonia en 2008; 10 a Lituania e 7 a Estoniana en 2011).
Final
Irlanda recibiu a maior cantidade de puntos de...
Lugar | País | Puntos |
---|---|---|
1 | Reino Unido | 187 |
2 | Suecia | 183 |
3 | Noruega | 151 |
4 | Suíza | 150 |
5 | Israel | 142 |
Irlanda outorgou a maior cantidade de puntos a...
Lugar | País | Puntos |
---|---|---|
1 | Reino Unido | 144 |
2 | Francia | 139 |
3 | Suecia | 113 |
4 | Alemaña | 108 |
5 | Noruega | 100 |
12 puntos
[editar | editar a fonte]Ano | País | Ano | País | Ano | País |
---|---|---|---|---|---|
1975 | Francia | 1988 | Luxemburgo | 2001 | Dinamarca |
1976 | Italia | 1989 | Iugoslavia | 2002 | Non participou |
1977 | Finlandia | 1990 | Italia | 2003 | Noruega |
1978 | Bélxica | 1991 | Malta | 2004 | Suecia |
1979 | Israel | 1992 | Austria | 2005 | Letonia |
1980 | Suíza | 1993 | Países Baixos | 2006 | Lituania |
1981 | Suíza | 1994 | Hungría | 2007 | Lituania |
1982 | Alemaña | 1995 | Suecia | 2008 | Letonia |
1983 | Non participou | 1996 | Suecia | 2009 | Islandia |
1984 | Suecia | 1997 | Reino Unido | 2010 | Dinamarca |
1985 | Noruega | 1998 | Malta | 2011 | Dinamarca |
1986 | Bélxica | 1999 | Eslovenia | 2012 | Suecia |
1987 | Italia | 2000 | Dinamarca | 2013 | Dinamarca |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ RTÉ:Eurovision. RTÉ.ie. Recuperado o 5 de setembro de 2007.
- ↑ Millstreet. Cork-Guide.ie. Recuperado o 5 de setembro 2007.
- ↑ Estatísticas compiladas e dispoñibles aquí Arquivado 02 de novembro de 2013 en Wayback Machine. (desprazarse á metade da páxina).