Festival de Eurovisión 1959
Festival de Eurovisión 1959 | |
---|---|
Datas | |
Final | 11 de marzo |
Anfitrión | |
Lugar | Palacio de Festivais e Congresos Cannes, Francia |
Presentador(es) | Jacqueline Joubert |
Televisión anfitrioa | |
Acto(s) intermedio(s) | Orquestra de Franck Pourcel |
Participantes | |
Participantes | 11 |
Países que debutan | Mónaco |
Países que retornan | Reino Unido |
Países que se retiran | Luxemburgo |
Mapa
| |
Votacións | |
Canción gañadora | Een beetje, Teddy Scholten Países Baixos |
Festival de Eurovisión | |
◄1958 1960► |
O IV Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 11 de marzo de 1959 en Cannes, Francia. A presentadora foi Jacqueline Joubert, sendo o país ganador os Países Baixos co tema Een beetje, interpretado por Teddy Scholten, que conseguiu 21 puntos. En segunda posición quedaron os británicos Pearl Carr e Teddy Johnson, coa canción Sing Little Birdie, que obtivo 16 puntos. O terceiro posto, con 15 puntos, foi para a canción francesa Oui oui oui oui, cantada por Jean Philippe. Estas tres cancións foron interpretadas ao final do festival,[1] que durou 73 minutos. A letra da canción ganadora foi escrita por Willy van Hemert, quen tamén escribiu a letra a canción neerlandesa ganadora de 1957.
Este festival supuxo a primeira retirada de Luxemburgo, tras acabar cun punto o ano anterior, así como o debut de Mónaco e o regreso do Reino Unido trala súa retirada en 1958, polo que a UER cambiou as normas do concurso para admitir 11 participantes. O representante monegasco, Jacques Pills, finalizou último cun punto, pero a súa filla Jacqueline Boyer gañou o festival o ano seguinte por Francia.
Na prensa, suxeriuse que Italia e Francia outorgaron máis puntos á canción holandesa porque ningún deles quería que o outro obtivese a vitoria final.[1] Instaurouse unha nova regra pola que non se permitía a inclusión de editores ou compositores profesionais en activo nos xurados nacionais,[2] pero o sistema de votación foi o mesmo que en 1957 e 1958. O escenario consistiu en tres pequenas carpas xiratorias, desde as que saían os cantantes, quen cantaban con fotografías de paisaxes típicas do país de fondo.
Participantes
[editar | editar a fonte]Os países participantes no festival elixiron cancións por diferentes métodos, habendo eleccións internas e finais nacionais. A representante de Dinamarca, Birthe Wilke, xa fora elixida para representar ao país en 1957 con Gustav Winckler, e este ano volvía en solitario. Por outra banda, Domenico Modugno representaba a Italia por segundo ano consecutivo.
Na seguinte táboa móstranse todos os participantes e o modo no que foron elixidos:
Non todos os países que organizaron unha final nacional enviaron ao festival aos cantantes ganadores da mesma. En Suecia, Siw Malmkvist gañou a primeira edición do Melodifestivalen, chamado entón Stora schlagertävlingen, pero a televisión sueca decidiu enviar a Cannes a Brita Borg coa canción coa que Siw Malmkvist gañou a final nacional.[5]
Por outro lado, na final dos Países Baixos cada tema foi cantado por dous cantantes diferentes. A canción ganadora foi cantada por Teddy Scholten e John de Mol, sendo elixida a primeira para representar ao país.[6]
Resultados
[editar | editar a fonte]# | País | Artista(s) | Canción | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
1 | Francia | Jean Philippe | Oui, oui, oui, oui | 3 | 15 |
2 | Dinamarca | Birthe Wilke | Uh-Jeg Ville Ønske Jeg Var Dig | 5 | 12 |
3 | Italia | Domenico Modugno | Piove | 6 | 9 |
4 | Mónaco | Jacques Pills | Mon Ami Pierrot | 11 | 1 |
5 | Países Baixos | Teddy Scholten | Een beetje | 1 | 21 |
6 | Alemaña | Gemelas Kessler | Heute Abend wollen wir tanzen geh'n | 8 | 5 |
7 | Suecia | Brita Borg | Augustin | 9 | 4 |
8 | Suíza | Christa Williams | Irgendwoher | 4 | 14 |
9 | Austria | Ferry Graf | Der K und K Kalypso aus Wien | 10 | 4 |
10 | Reino Unido | Pearl Carr & Teddy Johnson | Sing Little Birdie | 2 | 16 |
11 | Bélxica | Bob Benny | Hou Toch Van Mij | 7 | 9 |
Táboa de votos
[editar | editar a fonte]Na seguinte táboa móstranse os votos outorgados e recibidos por cada país participante no festival:[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Eurovisión 1959 Arquivado 25 de novembro de 2008 en Wayback Machine. Oikotimes
- ↑ Loredo, Miguel. "Así nació el Festival de Eurovisión". eurovision-spain.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2008.
- ↑ Eurovisión 1959 Diggiloo Trush
- ↑ Finais nacionais de Eurovisión 1959 Arquivado 04 de outubro de 2008 en Wayback Machine. eurovision-spain.com
- ↑ Suecia en el Festival de la Canción de Eurovisión 1959[Ligazón morta] eurovision-spain.com
- ↑ Os Países Baixos en Eurovisión[Ligazón morta] eurovision-spain.com
- ↑ Marcador de 1959 eurovision.tv
Predecesor: Hilversum 1958 |
Festival da Canción de Eurovisión Cannes 1959 |
Sucesor: Londres 1960 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Eurovisión 1959 en eurovision-spain.comArquivado 22 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Eurovisión 1959 en eurovision.tv (en inglés)
- Letra de todos os temas participantes