Disco de ouro das Voyager
Aparencia
O Disco de ouro das Voyager (en inglés "Sound of Earth", en galego Sons da Terra) é un disco de gramófono que acompaña as sondas espaciais Voyager, lanzadas en 1977. As sondas tardarán 74.500 anos en chegar ao punto máis próximo á estrela que está máis cerca do noso sistema solar.
Contido
[editar | editar a fonte]O disco contén sons e imaxes sobre a diversidade da vida e a cultura na Terra. Deseñouse co obxectivo de dar a coñecer a existencia de vida na Terra a algunha posible forma de vida extraterrestre intelixente que o encontrase, e que ademais teña a capacidade de poder ler, entender e descifrar o disco. O contido da gravación foi seleccionado pola NASA e por un comité presidido por Carl Sagan da Universidade Cornell.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Voyager
- Voyager 1
- Voyager 2
- Pioneer 10
- Pioneer 11
- Placa da Pioneer
- Mensaxe de Arecibo
- SETI
- Sonda espacial
- Exploración espacial
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O contido do Disco de ouro - Saudos en diferents idiomas, sons da Terra, música