Detroit Red Wings
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde novembro de 2016) |
Detroit Red Wings | |
---|---|
Fundación | 1926 |
Cidade | Detroit, Míchigan Estados Unidos |
Estadio | Joe Louis Arena (20.058 espectadores) |
Liga | National Hockey League |
Conferencia | Leste |
División | Atlantic |
Campionatos | 11 |
Propietario(s) | Mike Ilitch |
Director | Ken Holland |
Adestrador | Jeff Blashill |
Afiliado(s) | Grand Rapids Griffins (AHL) Toledo Walleye (ECHL) |
Cores | Negro, branco |
Na rede | |
http://redwings.nhl.com/ | |
O Detroit Red Wings é un equipo de hóckey sobre xeo con sede na cidade de Detroit, Míchigan (Estados Unidos). Os Red Wings compiten na máxima competición de hóckey sobre xeo en América do Norte, a National Hockey League (NHL), estando encadrado na Atlantic Division da Conferencia Leste. Xogan os seus partidos como locais no Joe Louis Arena dende 1979. O equipo forma parte do denominado Original Six, e con 11 títulos de liga é o equipo estadounidense con máis títulos da competición e o terceiro por detrás dos canadenses Montreal Canadiens e Toronto Maple Leafs, ademais gañou seis títulos de conferencia, e 18 de división.
Fundados en 1926, os Red Wings son unha das franquías máis antigas da NHL que seguen activas,[Nota 1] formando parte entre 1942 e 1967 do denominado Original Six xunto cos estadounidenses Boston Bruins, Chicago Blackhawks e New York Rangers, e os canadenses Montreal Canadiens e Toronto Maple Leafs.
Equipos afiliados
[editar | editar a fonte]Período | Equipo | Liga |
---|---|---|
1932-1933 | Olympics de Détroit | LIH |
1939-1952 | Capitals d'Indianapolis | LAH |
1945-1951 | Knights d'Omaha | USHL |
1952-1963 | Flyers d'Edmonton | WHL (mineur pro) |
1961-1967 | Hornets de Pittsburgh | LAH |
1963-1964 | Capitols d'Indianapolis/Wings de Cincinnati | CPHL |
1964-1967 | Wings de Memphis | CPHL |
1967-1973 | Wings de Fort Worth | CHL |
1967-1971 | Gulls de San Diego | WHL |
1968-1969 | Clippers de Baltimore | LAH |
1969-1970 | Barons de Cleveland | LAH |
1970-1971 | Clippers de Baltimore | LAH |
1971-1974 | Wings de Port Huron | LIH |
1971-1972 | Wings de Tidewater | LAH |
1972-1975 | Wings de la Virginie | LAH |
1974-1987 | Wings de Kalamazoo | LIH |
1975-1976 | Nighthawks de New Haven | LAH |
1976-1977 | Blues de Kansas City | CHL |
1976-1977 | Reds de Rhode Island | LAH |
1977-1979 | Red Wings de Kansas City | CHL |
1979-1980 | Jets de Johnstown | EHL |
1979-1999 | Red Wings de l'Adirondack | LAH |
1987-1989 | Spirits de Flint | LIH |
1991-1995 | Komets de Fort Wayne | LIH |
1991-2007 | Storm de Toledo | ECHL |
1999-2002 | Mighty Ducks de Cincinnati | LAH |
2000-2001 | Moose du Manitoba | LIH |
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Capitáns do equipo
[editar | editar a fonte]Art Duncan foi o primeiro capitán da historia dos Cougars na tempada 1926-1927. En 1932, o equipo de Detroit mudou o seu nome polo de Red Wings, e Larry Aurie converteuse en capitán. A seguinte táboa mostra todos os capitáns que tivo o equipo ao longo da súa historia:[1]
|
|
Eleccións na primeira rolda do draft
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de eleccións no Draft dos Red Wings de Détroit.
Cada ano dende 1963, os xogadores de ligas júnior teñen a posibilidade de asinar contratos coas franquías da NHL. Esta sección presenta as eleccións na primeira rolda do draft por parte de Detroit así como o equipo das ligas menores ou europeas no que xogaba a tempada na que tivo lugar a selección. Nos casos nos que os Red Wings elixiron a máis dun xogador na primeira rolda só se indica a primeira elección, mentres que as veces nas que a súa primeira elección foi despois da primeira rolda non se indica nada:[2]
|
|
|
Líderes históricos
[editar | editar a fonte]Esta sección presenta as estatísticas dos dez máximos anotadoes dos Red Wings. As estatísticas refírense só aos puntos conseguidos cos Detroit Red Wings e os mellores rexistros en cada campo son sinalados en letra grosa:[3] O líder histórico do equipo foi o canadense Gordie Howe, que liderou ao equipo en partidos xogados, goles e puntos, mentres que o seu compatriota Steve Yzerman fíxoo en asistencias e puntos por partido.
Nota: Pos = Posición; PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; P/G = Puntos por partido; * = actualmente nos Red Wings
Xogador | Pos | PX | G | A | Pts | P/G |
---|---|---|---|---|---|---|
Gordie Howe | RW | 1687 | 786 | 1023 | 1809 | 1,07 |
Steve Yzerman | C | 1514 | 692 | 1063 | 1755 | 1,16 |
Alex Delvecchio | C | 1549 | 456 | 825 | 1281 | 0,83 |
Nicklas Lidstrom | D | 1564 | 264 | 878 | 1142 | 0,73 |
Sergei Fedorov | C | 908 | 400 | 554 | 954 | 1,05 |
Pavel Datsyuk | C | 953 | 314 | 604 | 918 | 0,96 |
Henrik Zetterberg* | C | 918 | 309 | 527 | 836 | 0,91 |
Norm Ullman | C | 875 | 324 | 434 | 758 | 0,87 |
Ted Lindsay | LW | 862 | 335 | 393 | 728 | 0,84 |
Brendan Shanahan | LW | 716 | 309 | 324 | 633 | 0,88 |
Números retirados
[editar | editar a fonte]Na National Hockey League, os xogadores poden ser homenaxeados de varios xeitos, un deles é interna do equipo. Deste xeito, é tradición homenaxear a antigos xogadores do equipo decidindo retirar o seu número. Ningún outro xogador pode entón empregar ese número en cuestión e cólgase unha réplica da súa camisola no teito do pavillón. En 1999, a NHL decidiu igualmente retirar o número 99 de Wayne Gretzky da circulación en todas as franquías da liga, a causa do seu impacto no mundo do hóckey. O equipo retirou de xeito oficial sete números:[4]
Nº | Xogador | Posición | Carreira | Data da retirada |
---|---|---|---|---|
1 | Terry Sawchuk | G | 1949-1955 1957-1964 1968-1969 |
6 de marzo de 1994 |
5 | Nicklas Lidstrom | D | 1991-2912 | 6 de marzo de 2014[5] |
7 | Ted Lindsay | LW | 1944-1957 1964-1965 |
10 de novembro de 1999 |
9 | Gordie Howe | RW | 1946-1971 | 12 de marzo de 1972 |
10 | Alex Delvecchio | C | 1950-1974 | 10 de novembro de 1991 |
12 | Sid Abel | C | 1938-1943 1945-1952 |
29 de abril de 1995 |
19 | Steve Yzerman | C | 1983-2006 | 3 de xaneiro de 2007[Nota 3] |
Adestradores
[editar | editar a fonte]Dende a primeira tempada do equipo en 1926, de Duncan a Babcock, 26 adestradores sucedéronse á fronte do banco do equipo de Detroit. Jack Adams foi un dos primeiros en marcar a historia da franquía. De feito, con 964 partidos na NHL, Adams ocupou o posto de adestrador durante 20 anos, amais de ter sido director xeral do equipo. Foi o artífice do maior número de vitorias do equipo con 413 e tres Stanley Cups. Tommy Ivan substituíu a Adams en 1947, continuando coa liña de vitorias con tres novas Stanley Cups en sete tempadas en Míchigan.[6]
Sid Abel tomou o mando do equipo por primeira vez en 1957 e converteuse no segundo adestrador, por detrás de Adams, en conseguir o maior número de partidos cos Red Wings cun total de 811. William Scott « Scotty » Bowman chegou ao equipo en 1993, conseguindo en nove tempadas e 701 partidos un total de tres Stanley Cups e 410 vitorias. Estableceu un sistema de xogo diferente con por exemplo o Russian Five. Puxo fin á súa carreira na tempada 2001-02 despois de conseguir a vitoria na final da Stanley Cup, a décima dos Red Wings e a súa novena a título persoal como adestrador xefe.[7]
Période | Années | PX | V | D | DPr | Stanley Cups |
---|---|---|---|---|---|---|
1926-1927 | Art Duncan | 33 | 1 | 21 | 2 | - |
1927 | Duke Keats | 11 | 2 | 7 | 3 | - |
1927-1947 | Jack Adams | 964 | 413 | 390 | 161 | 1936, 1937 e 1943 |
1947-1954 | Tommy Ivan | 470 | 262 | 118 | 90 | 1950, 1952 e 1954 |
1954-1957 | Jimmy Skinner | 247 | 123 | 78 | 46 | 1955 |
1957 a 1968 - 1970 | Sid Abel | 811 | 340 | 339 | 132 | - |
1968-1970 | Bill Gadsby | 78 | 35 | 31 | 12 | - |
1970-1971 | Ned Harkness | 38 | 12 | 22 | 4 | - |
1971-1976 | Doug Barkley | 77 | 20 | 46 | 11 | - |
1972-1973 | Johnny Wilson | 145 | 67 | 56 | 22 | - |
1973 | Ted Garvin | 12 | 2 | 9 | 1 | - |
1974-1975 | Alex Delvecchio | 155 | 53 | 81 | 21 | - |
1976 a 1977 - 1982 | Billy Dea | 100 | 32 | 57 | 11 | - |
1977 | Larry Wilson | 36 | 3 | 29 | 4 | - |
1977-1980 | Bobby Kromm | 231 | 79 | 111 | 41 | - |
1980 | Marcel Pronovost | 9 | 2 | 7 | 0 | - |
1980-1981 | Ted Lindsay | 20 | 3 | 14 | 3 | - |
1981-1982 | Wayne Maxner | 129 | 34 | 68 | 27 | - |
1982-1985 | Nick Polano | 240 | 79 | 127 | 34 | - |
1986 | Harry Neale | 35 | 8 | 23 | 4 | - |
1986 | Brad Park | 45 | 9 | 34 | 2 | - |
1986-1990 | Jacques Demers | 320 | 137 | 136 | 47 | - |
1990-1993 | Bryan Murray | 244 | 124 | 91 | 29 | - |
1993-2002 | Scotty Bowman | 701 | 410 | 203 | 88 | 1997, 1998 e 2002 |
2002-2004 | Dave Lewis | 164 | 96 | 47 | 21 | - |
2004-2015 | Mike Babcock | 786 | 458 | 223 | 105 | 2008 |
Dende 2015 | Jeff Blashill | Adestrador actual |
Propietarios
[editar | editar a fonte]Durante cas 50 anos a familia Norris estivo involucrada na vida do club. Así, James Norris adquiriu os dereitos da franquía en 1932 e mantivo a dirección do equipo ata a súa morte por un ataque ao corazón en 1952.[8] A súa filla, Marguerite Norris, converteuse na primeira muller propietaria dunha franquía da NHL, ocupando o posto durante tres anos.[9] O seu irmán, Bruce Norris, tomou o seu lugar en 1955. Os Red Wings foron rescatados en 1982 par Mike Ilitch. Catro anos despois, Bruce Norris morreu o 1 de xaneiro de 1986, mentres que Marguerite Norris morreu dun ataque ao corazón en 1994[9].
Período | Nome | Stanley Cups |
---|---|---|
1932-1952 | James Norris | 1936, 1937, 1943 e 1950 |
1952-1955 | Marguerite Norris | 1952, 1954 e 1955 |
1955-1982 | Bruce Norris | - |
Dende 1982 | Mike Ilitch | 1997, 1998, 2002 e 2008 |
Directores xerais
[editar | editar a fonte]Período | Nome | Stanley Cups |
---|---|---|
1926 a 1927 | Art Duncan | - |
1927 | Duke Keats | - |
1927 a 1962 | Jack Adams | 1936, 1937, 1943, 1950, 1952, 1954 e 1955 |
1962 a 1970 | Sid Abel | - |
1970 a 1974 | Ned Harkness | - |
1974 a 1976 | Alex Delvecchio | - |
1976 a 1980 | Ted Lindsay | - |
1980 a 1982 | Jimmy Skinner | - |
1982 a 1990 | Jim Devellano | - |
1990 a 1994 | Bryan Murray | - |
1994 a 1997 | Jim Devellano | - |
Dende 1997 | Ken Holland | 1997, 1998, 2002 e 2008 |
Trofeos da NHL e internos
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- Stanley Cup
O trofeo final para un equipo na NHL, a Stanley Cup é entregada ao campión das series eliminatorias dende a tempada 1926-27.[10][Nota 4].
Os Red Wings son o terceiro equipo da NHL en número de campionatos conseguidos cun total de 11 Stanley Cups.[11] A seguinte táboa amosa os anos nos que os Red Wings conseguiron o trofeo, o adversario na final, e o resultado da serie final.
Ano | Adversario | Resultado |
---|---|---|
1935-1936 | Toronto Maple Leafs | 3-1 |
1936-1937 | New York Rangers | 3-2 |
1942-1943 | Boston Bruins | 4-0 |
1949-1950 | New York Rangers | 4-3 |
1951-1952 | Montreal Canadiens | 4-0 |
1953-1954 | Montreal Canadiens | 4-3 |
1954-1955 | Montreal Canadiens | 4-3 |
1996-1997 | Philadelphia Flyers | 4-0 |
1997-1998 | Washington Capitals | 4-0 |
2001-2002 | Carolina Hurricanes | 4-1 |
2007-2008 | Pittsburgh Penguins | 4-2 |
- Presidents' Trophy
O Presidents' Trophy é entregado ao equipo que máis puntos sumou na clasificación xeral da NHL durante a liga regular. O trofeo é outorgado dende a tempada 1985-86. Dende que se creou o trofeo, os Red Wings o gañaron en seis ocasións.[12]
- Clarence S. Campbell Bowl
O Clarence S. Campbell Bowl é entregado cada ano ao campión da Conferencia Oeste. Creado en 1967, inicialmente foi entregado ao gañador da West Division durante a liga regular. Entre 1975 e 1981 foi entregado ao campión da Conferencia Clarence Campbell (actual Conferencia Oeste), e entre 1982 e 1993 ao campión desta división nos play-offs. Dende 1993 o trofeo é entregado ao campión da Conferencia Oeste nas series eliminatorias. Recibe o seu nome en honor a Clarence Sutherland Campbell, que foi presidente da NHL entre 1946 e 1977. Os Red Wings teñen gañado o trofeo en seis ocasións:[13]
- Prince of Wales Trophy
O Prince of Wales Trophy é o trofeo da NHL que máis veces mudou o seu significado.[14] Dende a tempada 1993-1994, o Prince of Wales Trophy e entregado ao equipo gañador da final da Conferencia Leste durante os play-offs. Os Red Wings son o terceiro equipo que ten gañado máis veces o trofeo cun total de 13, por detrás dos Montreal Canadiens (25) e dos Boston Bruins (17).[15][16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ É xunto cos Blackhawks e os Rangers (fundadas o mesmo ano), a segunda franquía máis antiga dos Estados Unidos por detrás dos Bruins.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Nunca xogou na NHL ou nunha liga profesional importante.
- ↑ A bandeira inclúe o "C" de capitán para honrar ao xogador que máis tempo ostentou o título, nun só equipo e na historia da NHL.
- ↑ Antes da tempada 1926-27, outros equipos non afiliados á NHL estaban autorizados a competir pola Stanley Cup.
- Referencias
- ↑ "Detroit Red Wings All-Time Captains - Detroit Red Wings - History" (en inglés). redwings.nhl.com. Consultado o 14 de xullo de 2015.
- ↑ "All Draft Choices Round 1 - Detroit Red Wings - Team" (en inglés). redwings.nhl.com. Consultado o 14 de xullo de 2015.
- ↑ Detroit Red Wings. 2016-17 Media Guide (PDF) (en inglés). Detroit Red Wings. p. 203. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Wings in the Rafters - Detroit Red Wings - History" (en inglés). redwings.nhl.com. Consultado o 14 de xullo de 2015.
- ↑ Andrea, Nelson (6 de marzo). "Red Wings retire Lidstrom's No. 5" (en inglés). redwings.nhl.com. Consultado o 5 xullo 2014.
- ↑ 2010-11 Detroit Red Wings Media Guide, p. 194
- ↑ Modelo:Legendsofhockey
- ↑ Modelo:Lenda do hockey
- ↑ 9,0 9,1 "Marguerite Norris, Hockey Team President, 67" (en inglés). The New York Times. 14 de maio.
- ↑ Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "The Stanley Cup" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2017. Consultado o 30 de xuño de 2015.
- ↑ Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "Stanley Cup Winners" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2015.
- ↑ Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "Presidents' Trophy Winners" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2015.
- ↑ "Clarence S. Campbell Bowl" (en inglés). NHL.com. Consultado o 13 de agosto de 2015.
- ↑ www.legendsofhockey.net (ed.). "Legends of Hockey -- Silverware -- NHL Trophies -- Prince Of Wales Trophy Winners". Consultado o 18 de maio de 2014.
- ↑ Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "Prince of Wales Trophy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 30 de xuño de 2015.
- ↑ Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "Prince of Wales Trophy Winners" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en inglés)