Fillo dun enxeñeiro civil, cursou os seus estudos superiores de dereito en Vilna. Membro do grupo literario Żagary, debutou como escritor en 1930, publicando nesa década dous volumes de poesía: "Tres invernos" e "Poema sobre o tempo conxelado" polo que conseguiu unha bolsa para París onde trabou relación co que sería unha das súas maiores influencias literarias e filosóficas: o seu familiar e poeta francés de orixe lituana Oscar Venceslas de Lubicz-Milosz. Traballou na Radio polaca. Durante a segunda guerra mundial e residiu en Varsovia, onde prestou apoio aos perseguidos polo réxime nazi.
Traballo no servizo diplomático da "Polonia Popular" desde 1945 ata 1951, cando se exiliou e fixou a súa residencia en Francia. A súa evolución ideolóxica e posterior rexeitamento do réxime comunista polaco plasmouna na colección de ensaios "O pensamento cativo". En 1953 recibiu o Prix Lettéraire Européen pola súa novela "O poder cambia de mans".
Posteriormente coa caída do Pano de aceiro puido retornar ao seu país, onde se estableceu definitivamente os últimos anos da súa vida. Morreu o 14 de agosto de 2004 na súa residencia de Cracovia.