Lago Lomond
Tipo | lago | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Gran Bretaña | |||
Localizado na área protexida | Parques Nacionais Loch Lomond e The Trossachs (pt) | |||
Localización | ||||
País da cunca | Escocia | |||
División administrativa | West Dunbartonshire, Reino Unido (pt) , Argyll and Bute, Reino Unido e Stirling, Reino Unido (pt) | |||
| ||||
Afluentes | Endrick Water (en) ,Douglas Water (en) ,Finlas Water (en) ,Fruin Water (en) ,Luss Water (en) ,Arklet Water (en) ,River Falloch (en) ,Inveruglas Water (en) ,Inverglas Water (en) ,stream 1 at Creag an Ardain (en) ,stream 2 at Creag an Ardain (en) ,Port Burn (en) ,Sloy Power Station tail race (en) ,stream at Culag (en) | |||
Efluente do lago | River Leven (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 79 m | |||
Profundidade | 190 m | |||
Dimensións | 8 () × 37 () km | |||
Superficie | 71 km² | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 696 km² | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 2.600 hm³ | |||
O lago Lomond (en gaélico escocés, Loch Lamoainn) é un lago (loch en gaélico escocés) situado 23 quilómetros ao norte de Glasgow, Escocia, constituído como Parque Nacional baixo a denominación de Loch Lomond & The Trossachs National Park. É o lago de auga doce máis grande de Gran Bretaña.
Xeografía
[editar | editar a fonte]As dimensións do lago son de 39 quilómetros de longo e entre 0,8 e 1,2 de ancho. Abrangue unha superficie de 71 quilómetros cadrados e posúe unha profundidade media de 37 metros, chegando a acadar os 190.
A ribeira norte presenta unha orografía estreita e profunda configurada polo espazo existente entre o propio lago e as montañas circundantes. Cara ao sur anchea, converténdose nunha piscina natural, ampla e plana, ateigada de illas (máis de 30) recubertas de bosques. A ribeira sur é o lugar do Castelo de Balloch, así como do punto de información principal do Parque Nacional.
Na costa oeste atópase a pintoresca vila de Luss, mentres que o leste está dominado polo Ben Lomond que cos seus 974 metros de altura é un dos montes máis característicos das Terras Altas de Escocia, as Highlands en inglés.
Xeoloxicamente cómpre citar a presenza da Highland Boundary Fault, falla que exerce de estrema entre as Terras Altas (Highlands) e as Terras Baixas (Lowlands) escocesas e que transcorre a través da marxe sur do lago.
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]A contorna do Loch Lomond acolle un dos mellores exemplos de carballeiras centenarias do Reino Unido[1]. Na rexión montañesa adxacente, xa no territorio dos Trossachs, salientan exemplos de vexetación alpina, amplos bosques de coníferas e plantas da familia das saxifragáceas. Esta flora contrasta con algunhas especies de orixe subtropical que se poden atopar na área máis suroccidental.
En canto á fauna, arredor de 200 especies de aves foron descritas[2], entre as que salientan o falcón peregrino, a aguia peixeira o miñato e a pita do monte. Entre os mamíferos destacan o cervo escocés, o gamo e a xoia do Parque, o gato montés escocés. Outros mamíferos máis comúns, coma o raposo, o coello, o esquío, a lontra, o tourón, a garduña ou a doniña pódense ver con relativa facilidade nas inmediacións do lago.
Actividades
[editar | editar a fonte]A navegación é unha das actividades de lecer máis practicadas no lago Lomond, existindo á disposición dos visitantes a posibilidade de percorrer parte da marxe sur do mesmo en embarcacións ao efecto. Segundo se afirma nos trípticos de información turística, é o lugar favorito dos escoceses para a práctica do esquí acuático e a vela.[3]
O sendeirismo e o ciclismo son outros deportes moi practicados, aproveitando o feito de transcorrer polas ribeiras do lago a West Highland Way, ruta de 156 quilómetros de lonxitude que conecta Glasgow con Fort William.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Loch Lomond & the Trossachs National Park (2006), Official Visitor Guide, VisitScotland, páx. 24
- ↑ Loch Lomond & the Trossachs National Park (2006), Official Visitor Guide, VisitScotland, páx. 25
- ↑ Loch Lomond & the Trossachs National Park (2006), íd. Authority, National Park Headquarters, Balloch, Escocia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Loch Lomond & the Trossachs National Park (2006), Official Visitor Guide, VisitScotland, Stirling, Escocia.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Loch Lomond & the Trossachs National Park, páxina web do Parque Nacional (en inglés)