Xehová
Xehová[1] é unha latinización da palabra hebrea יְהֹוָה (en hebreo: עברית), unha vocalización do Tetragrámaton יהוה (en hebreo: עברית) (YHWH) e as vogais de Adonai, que se cre é o nome propio de Deus no cristianismo e xudaísmo da Biblia hebrea, o cal tamén foi transliterado como "Yehowah" ou "Yahweh".[2][3]
Os signos יְהֹוָה aparece 6518 veces no texto masorético tradicional, ademais de 305 instancias do יְהֹוָה (en hebreo: עברית) (Jehovih).[4] O texto latino máis antigo que usa unha vocalización similar a Xehová data do século XIII, o Pugio fidei de Ramon Martí, escrito por volta de 1270.
Pronuncia
[editar | editar a fonte]A maioría cre que "Xehová" é de finais do ano 1100 d.C., a forma híbrida derivada da combinación das letras latinas JHVH coas vogais de Adonai. Porén algúns sosteñen que hai evidencia que a forma Jehovah do Tetragrámaton sería usada nos textos fonéticos en semítico e grego e artefactos da antigüidade tardía. Outros din que a pronuncia Yahweh é testificada en ambos, textos cristiáns e pagáns da era do cristianismo primitivo.[6][7]
Os caraítas xudeus, que propoñen a lectura Xehová, estabelecen que aínda que a pronuncia orixinal de יהוה (en hebreo: עברית) foi escurecida polo desuso da pronuncia do nome de acordo á Torá oral, aceptan o establecemento de transliteracións a outras linguas de nomes persoais hebreos en uso normal, como Xosué, Isaías ou Xesús, porque a pronuncia orixinal podería ser descoñecida.[8] Eles tamén apuntan que "a forma en inglés Jehovah é, sinxelamente unha forma anglosaxoa de pronuncia figurada para Yehovah," e preserva as catro consoantes "YHVH" (coa introdución do son da "J" en inglés).[9][10] Algúns argumentan que Jehovah é preferible que Yahweh, basean a súa conclusión en que o Tetragrámaton era máis ben orixinalmente trisílabo, e que a forma moderna debería ser tamén trisílaba.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para testemuña.
- ↑ http://www.encyclopedia.com/topic/Jehovah.aspx
- ↑ Prefacio a New American Standard Bible (en inglés)
- ↑ "Brown-Driver-Briggs Lexicon". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2015. Consultado o 14 de xullo de 2017.
- ↑ Source: The Divine Name in Norway,
- ↑ Jarl Fossum y Brian Glazer en su artículo Seth in the Magical Texts (Zeitschrift für Papyrologie und Epigraphie 100 (1994), p. 86-92, reproducido aquí [1], asignaron al nombre "Yahweh" como la fuente de un número de nombres encontrados en textos mágicos paganos: Ἰάβας (p. 88), Iaō (descrito como "una forma griega del nombre del Dios bíblico, Yahweh", en p. 89), Iaba, Iaē, Iaēo, Iaō, Iaēō (p. 89).
- ↑ Greek Magical Papyri Texts, The "Mithras" Liturgy, Marvin W. Meyer.
- ↑ "Nehemia Gordon, The Pronunciation of the Name" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2013. Consultado o 14 de xullo de 2017.
- ↑ Scott Jones – יהוה Jehovah יהוה
- ↑ Carl D. Franklin – Debunking the Myths of Sacred Namers יהוה – Christian Biblical Church of God – December 9, 1997 – Retrieved 25 August 2011.
- ↑ George Wesley Buchanan, "How God's Name Was Pronounced," BAR 21.2 (March -April 1995), 31-32
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |