Victorino González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (60/61 anos) A Coruña, España |
Altura | 180 cm |
Peso | 78 kg |
Actividade | |
Ocupación | deportista |
Deporte | judo |
Participou en | |
1988 | Xogos Olímpicos de 1988 |
Juan Victorino González Enríquez, nado na Coruña o 24 de xuño de 1964, é un ex-judoka galego. Foi tres veces campión de España e competiu nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Natural do barrio de Monte Alto, aos 9 anos acudiu ao Pazo dos Deportes de Riazor para anotarse a kárate, pero como a idade mínima necesaria eran 16 anos, apuntouse en judo.[1] Formou parte do Club Shiai da Coruña, co que se proclamou campión galego e español en categorías inferiores, e en 1983 disputou o Campionato de Europa júnior.[2][3][4][5]
En 1984 gañou en Málaga o seu primeiro título de campión de España absoluto, na categoría de 78 kg, converténdose no segundo galego en lograr un título nacional, despois de Pier Veira.[6] Revalidou o título ao ano seguinte en Madrid, ao superar na final ao madrileño Fernando Vega.[7]
En 1986 obtivo o bronce no Campionato de España e ao ano seguinte participou nos Xogos Mediterráneos na cidade siria de Latakia, chegando á final dos 78 kg, onde perdeu contra o francés Jean-Michel Berthet, regresando polo tanto cunha medalla de prata. Participou nos Xogos Olímpicos de 1988, sendo o primeiro judoka galego en facelo, e tras superar dúas roldas, caeu nos oitavos de final contra o campión olímpico de 1984, Frank Wieneke, da Alemaña Federal.[8] Acabou no sétimo posto, volvendo á casa cun diploma olímpico.
En 1990 conseguiu a medalla de bronce no Campionato de España e ao ano seguinte o seu terceiro ouro. Pouco despois anunciou a súa retirada das competicións e a renuncia á súa case segura participación nos Xogos Olímpicos de 1992.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Varela, María (9 de xullo de 2012). "El 'Yin' y el 'Yang' del tatami". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 16 de agosto de 2021.
- ↑ "Judo". El Pueblo Gallego (en castelán) (20495). 29 de novembro de 1978. p. 22. Consultado o 16 de agosto de 2021.
- ↑ "Campeonato gallego de judo en categoría juvenil". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de novembro de 1980. p. 34.
- ↑ "Fin del campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de febreiro de 1981. p. 53.
- ↑ "Juan Victorino, del Club Shiai". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de marzo de 1981. p. 53.
- ↑ "El coruñés Victorino González, campeón de España en 78 kilos". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de abril de 1984. p. 25.
- ↑ "Victorino, otra vez campeón de España". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 1985. p. 15.
- ↑ "Judo nos Xogos Olímpicos de 1988". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 16 de agosto de 2021.
- ↑ "Victorino González renuncia al reto olímpico". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de abril de 1992. p. 48.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do judoka no sitio web do Comité Olímpico Internacional (en inglés).