Vangelis
Evangelos Odysseas Papathanassiou, máis coñecido como Vangelis, nado en Volos o 29 de marzo de 1943 e finado en París o 17 de maio de 2022, foi un teclista e compositor grego de música electrónica, orquestral, ambient, new age e rock progresivo. Entre as súas obras máis célebres destacan as partituras orixinais dos filmes Chariots of Fire, gañador do Oscar á mellor banda sonora,[1] Blade Runner (1982)[2] e 1492: Conquest of Paradise (1992).[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa música caracterízase polo uso de sintetizadores e ocasionalmente instrumentos acústicos para crear atmosferas de son envolvente, nun ton xeralmente grandioso e solemne. Adoita incluírse a súa música entre as chamadas novas músicas ou, máis amplamente, como música clásica contemporánea. En calquera caso, a diversidade e a complexidade da obra contida na súa discografía fai difícil a súa catalogación como artista puramente New Age, xa que mesmo está considerado como un dos pioneiros da vangarda da música electrónica nada a mediados da década de 1970.[4]
Aínda que algúns dos seus traballos máis coñecidos pertencen ao mundo do cinema e a televisión, Vangelis logrou recoñecemento tanto polas súas bandas sonoras como polos seus discos de estudio. Entre as súas obras atópanse ademais varias creacións para obras de teatro, como Electra (1983), Medea (1992), Troianas (2001) e A tempestade (2002), e para ballet: R. B. Sque (1983), Frankenstein: Modern Prometheus (1985) e The Beauty and the Beast (1986).[5]
Desenvolveu de forma paralela unha carreira como pintor,[6] e realizou varias exposicións internacionais.[7] As súas achegas a diversos proxectos de interese cultural afianzárono como unha personalidade de considerable peso nos medios, especialmente na súa Grecia natal.[8]
Na súa honra, a Unión Astronómica Internacional deu o seu nome ao asteroide (6354) Vangelis.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Manrique, Diego A. (7-4-2004). "'Carros de fuego', de Vangelis". Diario El País (en castelán). Consultado o 21-1-2018.
- ↑ Elvira, Álvaro P. Ruiz de (28-6-2012). "‘Blade Runner’, 30 años de búsqueda de humanidad". Diario El País (en castelán). Consultado o 21-1-2018.
- ↑ Martinez, Diana (26-12-2016). "Vangelis con perspectiva berciana". La Nueva Crónica (en castelán). Consultado o 21-1-2018.
- ↑ Quid, Luis (18-7-2016). "Vangelis: el músico griego que dejó su huella en la electrónica". Thump (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26-10-2017. Consultado o 21-1-2018.
- ↑ Dennis Lodewijks & Sufian (23-8-2013). "Elsewhere: Other music by Vangelis". www.elsew.com (en inglés). Consultado o 21-1-2018.
- ↑ "Vangelis, la música paralela a la pintura". www.diariolibre.com (en castelán). Consultado o 21-1-2018.
- ↑ Vicent, Mauricio (30-10-2004). "Vangelis muestra su pintura en La Habana". Diario El País (en castelán). Consultado o 21-1-2018.
- ↑ Zafra, Ignacio (26-11-2005). "Noguera pregunta cuánto ha costado la gira de obras de Vangelis por América". Diario El País (en castelán). Consultado o 21-1-2018.
- ↑ Chamberlin, Alan. "JPL Small-Body Database Browser". ssd.jpl.nasa.gov (en inglés). Consultado o 21-1-2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vangelis |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Score Magaine Arquivado 26 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)
- Información sobre a obra de Vangelis (en inglés)
- Información sobre as edicións discográficas de Vangelis (en inglés)