Uxío Romero Pose
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1949 Zas, España |
Morte | 25 de marzo de 2007 (58 anos) |
Bispo titular | |
7 de marzo de 1997 – Diocese: Turuda (en) | |
Bispo auxiliar | |
7 de marzo de 1997 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificia Universidade Gregoriana |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1997–), sacerdote católico (1974–), profesor universitario, teólogo |
Empregador | Pontificia Universidade Gregoriana |
Consagración | Antonio María Rouco Varela |
Uxío Romero Pose, nado en Baio (Zas) o 15 de marzo de 1949 e finado en Madrid o 25 de marzo de 2007, foi un crego católico galego, escritor e bispo auxiliar de Madrid.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carreira sacerdotal
[editar | editar a fonte]Romero Pose cursou os estudos eclesiásticos no Seminario de Santiago de Compostela desde 1959 ata 1969, e foi ordenado sacerdote católico na igrexa parroquial de Santa María de Baio polo daquela arcebispo de Santiago de Compostela, Ángel Suquía Goicoechea, o 27 de xullo de 1974.
Licenciado en teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana de Roma (1972), obtivo o doutoramento en Patrística en 1978 nesa mesma Universidade. Posteriormente, foi director do Instituto Teolóxico Compostelán entre 1981 e 1989, e reitor do Seminario Maior de Santiago de Compostela desde 1991 ata 1997. .
Nese momento, 7 de marzo de 1997 foi ordenado bispo auxiliar de Madrid, sendo arcebispo da capital Rouco Varela e ao mesmo tempo bispo titular da diocese africana de Turuda. Romero Pose encargouse de coordinar as delegacións de catequese, liturxia, pastoral educativa escolar, misións e relacións Interconfesionales. Ademais, foi membro do Consello Episcopal e do Consello Presbiteral, e en 2005, tamén formou parte do Consello de Presidencia da Comisión Central do III Sínodo Diocesano.
Campos de estudo
[editar | editar a fonte]Foi profesor de Patrística na Universidade de Santiago de Compostela e o 25 de novembro de 2005 foi nomeado vicegran chanceler da Universidade Pontificia de Salamanca. Era un grande especialista no Camiño de Santiago, e tamén en Prisciliano e en Exeria, e escribiu diversos artigos sobre patrística e sobre estas dúas figuras do cristianismo antigo en revistas como Encrucillada, Compostelanum ou A Trabe de Ouro.
Obra
[editar | editar a fonte]Estas son algunhas das súas obras máis extensas e importantes, ademais de multitude de artigos.
- El Camino de Santiago, 1989, Ediciones Encuentro, Madrid
- Cristianismo e priscilianismo, 1990, en "O Pensamento galego na historia: aproximación crítica", (coord. X.L. Barreiro. Santiago de Compostela, Universidade
- El Espíritu Santo en los orígenes de la Iglesia, 1998, Universidade de Deusto, Bilbao, en colaboración con Santiago Guijarro Oporto e Xabier Pikaza.
- Raíces Cristianas de Europa. Del camino de Santiago a Benedicto XVI, 2006, Ediciones San Pablo, Madrid, 2006
- Edición da Demostración de la predicación apostólica de Santo Ireneo de Lión.
- Edición do Beato de Liébana (Sancti Beati a Liebana Commentarius in Apocalypsin), Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, Roma, 1985