Samuel L. Jackson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Samuel Leroy Jackson 21 de decembro de 1948 (75 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Relixión | Católico non practicante |
Educación | Morehouse College |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema, actor de xénero, actor de televisión, actor de dobraxe, actor, produtor de cinema, produtor de televisión |
Período de actividade | 1972 - |
Patrimonio estimado | 150 M$ (2014) |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Latanya Richardson (1980–) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | samuelljackson.com |
|
Samuel Leroy Jackson, nado o 21 de decembro de 1948, é un actor americano. Naceu en Washington, D.C., creceu como fillo único na cidade industrial de Chattanooga, Tennessee coa súa nai e os seus avós maternos. O seu pai viviu lonxe da familia, na cidade de Kansas City, Missouri e morreu máis tarde por causa do alcoholismo. Jackson foi a unha escola segregada onde, entre o 3º e 12º grao tocou a trompa e a trompeta na orquestra da escola. Atendeu máis adiante á universidade de Morehouse en Atlanta, onde el foi un dos fundadores de "Just Us Theater". Jackson foi expulsado da universidade por dous anos, aínda que conseguiu licenciarse en arte dramática en 1972. Jackson actuou en pequenos papeis en teatro e televisión, en 1976 estableceuse en Nova York e alí actuou en obras de teatro. A fins dos anos 80 comezou a aparecer en papeis menores no cine, en 1988 actuou na comedia de Eddie Murphy, Coming to America. O seu primeiro éxito foi en Jungle Fever (1991) e o seu recoñecemento internacional debeuse a Pulp Fiction (1994) de Quentin Tarantino.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Teens and Guns: Preventing Violence" (PDF). Described and Captioned Media Program. Consultado o 2009-06-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Samuel L. Jackson |
- Actores de Washington, D.C.
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de voz dos Estados Unidos de América
- Paseo da Fama de Hollywood
- Nados en 1948
- Nados en Washington, D.C.
- Estadounidenses de ascendencia gabonesa
- Estadounidenses de ascendencia africana
- Óscar honorífico