Ricardo Bodenlle Corral
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1886 Santa Cristina, España |
Morte | 24 de xaneiro de 1967 (80 anos) San Xiao de Mos, España |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Ricardo Bodenlle Corral, nado en Santa Cristina (Cospeito) o 22 de marzo de 1886 e finado en Castro de Rei o 24 de xaneiro de 1967, foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Seminario de Mondoñedo. Foi ordenado sacerdote o 19 de decembro de 1914. En 1915 foi nomeado capelán das Hermanas de los Pobres de Ferrol. Entre 1917 e 1924 deu clases en colexios de Ferrol. En agosto de 1924 foi nomeado párroco de San Xiao de Mos e do seu anexo Sobrada de Aguiar e foi arcipreste da Terra Chá, permanecendo nese posto ata a súa xubilación en 1966. Finou en San Xiao de Mos o 24 de xaneiro de 1967.[1]
Publicou en Lugo en 1953 El Bien y el Mal. Verdades en verso, con poemas en galego e castelán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Progreso, 25-1-1968, p. 7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Villares Mouteira, Félix (1997). Os poetas do Seminario de Mondoñedo. Lugo: Deputación Provincial de Lugo. pp. 181–195. ISBN 84-8192-100-9.