Saltar ao contido

Raza (censo dos Estados Unidos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Raza, definida pola Oficina do Censo dos Estados Unidos e pola Oficina de Administración e Orzamento (OMB), é un elemento informativo de auto-identificación no que os residentes escollen a raza ou razas coas que se senten máis identificados[1]. As categorías representan unha construción socio-política deseñada para a raza ou razas que se consideran a si mesmas como existentes e "xeralmente reflicten unha definición social de raza recoñecida neste país"[2]. A OMB define o concepto de raza como está deliñado no Censo Americano para tomar en conta ambos os conceptos de antepasado e cultura.[3] Raza e etnia eran consideradas como dúas entidades separadas e distintas, preguntándose diferenciadamente a orixe hispana. Polo tanto, axuntado ás súas razas, os enquisados eran categorizados como membros dunha ou máis etnias: Hispano ou Latino, e Non Hispano ou Latino.

Categorías raciais

[editar | editar a fonte]

As clasificacións raciais usadas pola Oficina do Censo adhírense á Notificación do Rexistro Federal do 30 de outubro de 1997 titulada "Revisións aos Estándares para a Clasificación de Información Federal sobre Raza e Etnia" emitida pola OMB.[4]

As categorías de raza son:

  • Indio Americano ou Nativo de Alaska. Unha persoa con orixes en calquera dos pobos orixinais de Norte, Centro e Suramérica, e que manteñen unha afiliación tribal ou lazo comunitario.
  • Asiático. Unha persoa con orixes en calquera dos pobos orixinais do Afastado Leste, Sueste Asiático, ou o subcontinente Indio incluíndo, por exemplo, Bangladesh, Camboxa, China, India, Xapón, Corea, Malaisia, as Illas Filipinas, Tailandia e Vietnam.
  • Negro ou Afroamericano. Unha persoa con orixes en calquera dos grupos raciais negros de África. Termos como 'Haitiano' ou 'Negro' poden ser usados así como 'Afroamericano'.
  • Hawaiano nativo ou Insular do Pacífico. Unha persoa con orixes en calquera dos pobos orixinais de Hawai, Guam, Samoa ou calquera outra Illa do Pacífico.
  • Branco. Unha persoa con orixes en calquera dos pobos orixinais de Europa, o Medio Leste, ou o Norte de África.
  • Algunha outra raza. (Para incrementar a comparabilidade, o Censo do 2010 planeaba remover esa categoría.[5])

Adicionalmente, no 2000 a Oficina do Censo permitiu aos enquisados marcar máis dunha opción racial para satisfacer as necesidades das persoas que non son facilmente clasificables dentro dunha soa raza. Aqueles que o fixeron foron rexistrados como habendo seleccionado dúas ou máis razas.

Até a década de 1980 unha persoa era oficialmente negra se o seu sangue contiña unha gota (referido a porcentaxe) de sangue negra.

Artigo principal: Regra dunha gota.

O Censo 2000

[editar | editar a fonte]

A raza foi preguntada diferente no Censo do 2000 en moitos xeitos. A máis significativa foi que aos enquisados permitíuselles responder unha ou máis categorías raciais para indicar as súas identidades raciais. Os datos mostran que case sete millóns de estadounidenses se identifican a si mesmos como membros de dúas ou máis razas. Debido a estes cambios, a información do censo de 2000 sobre a raza non son directamente comparables cos datos do censo de 1990 ou de antes. Débese de tomar precaución cando se usa para interpretar cambios na composición racial dos Estados Unidos ao longo do tempo.

Vista Rápida: Raza no Censo dos EE. UU.
O 7° censo federal, en 1850, preguntou por Color[6] e deu as opcións:
  • Branco
  • Negro
  • Mulato
O 10º censo federal, en 1880, preguntou por Color[7] e deu as opcións:
  • Branco
  • Negro
  • Mulato
  • Chinés
  • Indio
El 22º censo federal, en 2000, tiña unha "forma curta"[8] que facía dúas preguntas de raza/antepasados:

1. É a persoa Española/Hispana/Latina?

  • Non, non Español/Hispano/Latino
  • Si, Mexicano, Mexico-Americano, Chicano
  • Si, Portorriqueño
  • Si, Cubano
  • Si, outro Español/Hispano/Latino (escriba o grupo)

2. Cal é a raza da persoa?

  • Branca
  • Negro ou Afroamericano
  • Indio Americano ou Nativo de Alasca (escriba tribo)
  • Asiático
  • Chinés
  • Filipino
  • Xaponés
  • Coreano
  • Vietnamita
    • Hawaiano
    • Guamés ou Chamorro
    • Samoano
  • Insular do Pacífico (escriba raza)
  • Outra raza (escriba raza)

Este censo recoñecía que as "categorías raciais inclúen ambos os grupos raciais e de orixe nacional."

As seguintes definicións aplican para o censo do 2000 soamente.[9]

  • O termo Branco refírese a xente con orixes en calquera dos pobos orixinais de Europa, o Medio Oriente, ou o Norte de África." Inclúe a xente que indica a súa raza como "Branca" ou entradas como irlandés, alemán, italiano, británico, iraquí, do Oriente Próximo, árabe, ou polaco.
  • O termo Negro ou Afroamericano refírese a xente con orixes en calquera dos grupos raciais negros de África. Inclúe a xente que indica a súa raza como "Black, African Am. or Negro", ou prové entradas escritas tales como afroamericano, keniano, xamaicano, caribeño, nixeriano, ou haitiano.
  • Nativo Americano e Nativo de Alasca (AIAN) refírese a xente con orixes en calquera dos pobos orixinais de Norte, Centro e Suramérica, e que mantén unha afiliación tribal ou lazo comunitario.
  • Asiático refírese a xente con orixes en calquera dos pobos orixinais do Extremo Oriente, Sueste Asiático ou o Subcontinente asiático incluíndo, por exemplo, Bangladesh, Camboxa, China, India, Xapón, Corea, Malaisia, Filipinas, Taiwán, Tailandia, e Vietnam. Inclúe "Indio Asiático", "Chinés", "Filipino", "Coreano", "Xaponés", "Taiwanés", "Vietnamita", e "Outra Asiática".
  • O termo Hawaiano e Insular do Pacífico (NHPI) refírese a unha persoa con orixes nalgún dos pobos de Hawai, Guam, Samoa, e outras Illas do Pacífico. Inclúe a xente que indica a súa raza como "Hawaiano", "Guamés ou Chamorro", "Samoano Americano" e "Insular doutra Illa do Pacífico."
  • Algunha outra raza inclúe todas as respostas non incluídas en "Branco", "Negro ou Afroamericano", "Nativo Americano ou Nativo de Alasca", "Asiático" e "Hawaiano e Insular do Pacífico" descritas antes.
  • Dúas ou máis razas refírese a persoas multirraciais. Xente que escolla enviar dúas ou máis razas, xa sexa marcando dúas ou máis respostas nas opcións de raza, provendo varias respostas escritas, ou por algunha combinación de opcións e respostas escritas.

Comparabilidade

[editar | editar a fonte]

A Oficina do Censo prevén que os datos sobre raza no Censo do 2000 non son directamente comparables con aqueles recolleitos en censos previos[9]. As regulacións que requiren a nova lingua foron publicadas pola Oficina de Regulación e Presuposto no Rexistro Federal[10] en 1997. No 2001, O Instituto Nacional de Saúde adoptou a nova linguaxe para cumprir coa Directiva 15.[11]

É importante ter en conta que as autoidentificacións raciais no Censo dos Estados Unidos son categorías opcionais que a xente pode ou non elixir contestar. Xente con orixe Hispano ou Latino, por exemplo, poden sentirse en conflito sobre cal categoría racial seleccionar. Algúns prefiren indicar unha herdanza multirracial, pero usando termos diferentes ao da forma do Censo, tales como Mestizo e Mulato. Algúns de feito poden estar inseguros sobre as súas orixes raciais. Na ausencia dunha opción racial que acomode ao seu propio entendemento, máis do 40 por cento dos Latinos/as marcarían 'Outro' para a súa raza. En resposta a esta tendencia, para o Censo 2010 planéase remover a categoría "Algunha outra raza".[5]

  1. "The American FactFinder". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2012. Consultado o 23 de setembro de 2007. 
  2. Ikeda, Dave. IM Diversity. What's an Asian American Now Anyway? 2006. 26 de outubro de 2006.
  3. American Anthropological Association. A Brief History of the OMB Directive 15. 1997. 18 de maio de 2007.
  4. ""Revisions to the Standards for the Classification of Federal Data on Race and Ethnicity"". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2004. Consultado o 23 de setembro de 2007. 
  5. 5,0 5,1 US Census Press Releases. Census Bureau to Test Changes in Questionnaire, New Response Technology 2006 Arquivado 08 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.. 30 de abril de 2007.
  6. "Ancestry.com, 1850 chart (pdf)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de setembro de 2007. Consultado o 23 de setembro de 2007. 
  7. "Ancestry.com, 1880 chart (pdf)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de setembro de 2007. Consultado o 23 de setembro de 2007. 
  8. 2000 US Census form (pdf)
  9. 9,0 9,1 U.S. Census Bureau, 2000 Census of Population, Public Law 94-171 Redistricting Data File. Race Arquivado 31 de agosto de 2009 en Wayback Machine. Consultado 18 de setembro 2006.
  10. OMB Directive 15 Federal Register Notice October 30, 1997 Arquivado 13 de xuño de 2009 en Wayback Machine. Consultado o 18 de setembro 2006.
  11. National Institute of Health Amendment: NIH Policy and Guidelines on the Inclusion of Women and Minorities as Subjects in Clinical Research - October, 2001 Consultado o 18 de setembro de 2006.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]