Ramón Varela Díaz
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ramón Varela.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (72/73 anos) O Saviñao, España |
Actividade | |
Ocupación | biólogo, ecoloxista, escritor |
Ramón Varela Díaz, nado en Escairón (O Saviñao) en 1952, é un biólogo e ecoloxista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ramón Varela é catedrático en Bioloxía e Xeoloxía e doutor en Bioloxía; a súa tese doutoral tratou sobre "a contaminación atmosférica en Galiza" e non foi aceptada na Universidade de Santiago, mais aceptouna a Universidade Autónoma de Madrid -que está considerada como a máis prestixiosa en estudos ambientais a nivel estatal- coa máxima cualificación. Foi presidente da asociación ecoloxista ADEGA entre 1981 e 1996.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- A contaminación das centrais nucleares: Xove, 1981, Xistral.
- Os residuos radioactivos: ameaza no presente e para o futuro, 1983, Xistral.
- Eucaliptos, celulosas e forestal galego, 1990, ADEGA.
- O ABC da choiva ácida, 1997, Baía Edicións.
- Contaminación e saúde, 1997, Laiovento.
- Contaminación atmosférica en Galiza. Inventario de emisións de gases de efecto invernadoiro, gases acidificantes e dioxinas (ano 2000), 2004, Baía Edicións.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Os resíduos na Galiza, 1994, Baía Edicións.
- Celulosas e progreso.
- 25 Anos de Medio Ambiente e Ecoloxismo na Galiza, 2001, ADEGA.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ramón Varela: “A ordenación do país debería facerse nesta lexislatura” Arquivado 03 de xuño de 2020 en Wayback Machine., entrevista a Ramón Varela en El Correo Gallego, 3 de xaneiro de 2008.
- Informe de Ramón Varela sobre a contaminación en Galiza - 2008