Quen a ferro mata
Quen a ferro mata | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Quien a hierro mata |
Director | Paco Plaza |
Produtor | Mercedes Gamero Mikel Lejarza Emma Lustres Borja Pena |
Guión | Juan Galiñanes Jorge Guerricaechevarría |
Intérpretes | Luís Tosar Xan Cejudo María Vázquez |
Música | Maika Makovski |
Fotografía | Pablo Rosso |
Estudio | Televisión de Galicia Vaca Films, S.L. Atresmedia Cine Movistar+ Playtime Production |
Estrea | 2019 |
Duración | 107 minutos |
Orixe | Galicia Francia |
Xénero | Drama e suspense |
Recadación | 2.426.829,99 €[1] |
Na rede | |
Quen a ferro mata (en castelán: Quien a hierro mata) é un filme galego-francés de 2019 dirixido por Paco Plaza. Está protagonizado por Luís Tosar e Xan Cejudo. Os créditos do filme están adicados a Xan Cejudo, que faleceu case un ano antes da estrea do filme.[2]
Enric Auquer gañou o Premio Goya ó mellor actor revelación pola súa intepretación no filme. Na 18ª edición dos Premios Mestre Mateo, conseguiu 15 nomeamentos, entre eles o de mellor filme, mellor director, mellor actor, mellor guión ou fotografía.[3]
Estreouse en galego o 1 de abril de 2021 a través da TVG.[4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Mario traballa como enfermeiro nunha residencia de Galicia, onde é querido por todo o mundo. Un día ingresa na residencia o coñecido narcotraficante Antonio Padín. Mario, comprometido coa súa profesión, faille sentir como na casa. Despois da retirada de Padín, os seus fillos Kike e Toño póñense á fronte do clan familiar.[5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Luís Tosar como Mario
- Voz da dobraxe galega de Matías Brea.[6]
- Xan Cejudo como Antonio Padín
- Voz da dobraxe galega de Tacho González.[6]
- María Vázquez como Julia
- Voz da dobraxe galega dela mesma.[6]
- Ismael Martínez como Toño
- Voz da dobraxe galega de Antón Rubal.[6]
- Enric Auquer como Kiko
- Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández.[6]
Produción
[editar | editar a fonte]Foi rodado en localizacións da Coruña, Cambados, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Quen a ferro mata". Consultado o 11 de febreiro de 2020.
- ↑ "Quien a hierro mata (2019)". IMDb. Consultado o 11 de febreiro de 2020.
- ↑ "'Hierro', 'Quen a ferro mata' e 'O que arde' lideran as candidaturas aos Mestre Mateo". Praza.gal. 10 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020.
- ↑ TVG (ed.). "Quen a ferro mata na TVG". Consultado o 23 de abril de 2021.
- ↑ "Datos de Pelicula ICAA - Catalogo de Películas ICAA". infoicaa.mecd.es. Consultado o 12 de marzo de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 @Cinemarfilms (ed.). "Dobraxe de Quen a ferro mata na TVG". Consultado o 23 de abril de 2021.
- ↑ CRTVG, ed. (29 de agosto de 2019). "Chega aos cines 'Quen a ferro mata', filme participado pola TVG, con Luís Tosar como protagonista". Consultado o 11 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Quen a ferro mata na IMDb (en inglés).