Premio Xarmenta
Aparencia
O premio Xarmenta é un galardón que organiza e entrega desde 2005 a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta para promover a lingua galega do Bierzo. A gala de entrega dos galardóns ten lugar no Teatro Bergidum de Ponferrada no mes de xaneiro de cada ano. Desde a súa cuarta edición ten unha periodicidade bienal.[1]
Categorías
[editar | editar a fonte]- Premio Xarmenta para unha personalidade que se distinga pola súa defensa da lingua galega fóra da Galiza administrativa, especialmente no Bierzo.
- Premio Xarmenta para unha institución, colectivo, empresa etc., que colabore de forma decidida co desenvolvemento e promoción da lingua galega no Bierzo.
Premiados
[editar | editar a fonte]- 2005: Luís Tosar e o Consejo Comarcal del Bierzo.
- 2006[2]: Amancio Prada[3] e a Real Academia Galega.
- 2007: Manuel Rivas e de maneira conxunta Xunta de Galicia e máis Xunta de Castela e León.
- 2008: Susana Seivane e de maneira conxunta Aira da Pedra e mais a Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo.
Galardón: voluta[4] de Sargadelos.
Membros do xurado
[editar | editar a fonte]- Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
- Concello de Cacabelos..
- Concello da Ponte de Domingo Flórez.
- Comisión Cultural Martín Sarmiento.
- Consejo Comarcal del Bierzo.
- Asociación Berciana da Lingua Xarmenta.
A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta promove a lingua galega na comarca galegofalante do Bierzo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Asociación Berciana da Lingua Xarmenta.
- Vídeo da Gala de entrega dos premios Xarmenta 2005
- Vídeo da Gala de entrega dos premios Xarmenta 2006
- Vídeo da Gala de entrega dos premios Xarmenta 2007
- Vídeo da Gala de entrega dos premios Xarmenta 2008
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ver noticia en La Crónica do 16 de xaneiro de 2009, [1][Ligazón morta]
- ↑ "Cartel dos premios Xarmenta 2006" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de outubro de 2009. Consultado o 26 de outubro de 2009.
- ↑ "Amancio Prada co premio Xarmenta" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de agosto de 2007. Consultado o 20 de xaneiro de 2009.
- ↑ Voluta de Sargadelos[Ligazón morta]