Pilar Pallarés
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pilar Pallarés García 29 de abril de 1957 (67 anos) Culleredo, España |
Formación profesional | Filoloxía Galego-Portuguesa |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, profesora universitaria, escritora, profesora de ensino secundario |
Empregador | IES Ramón Menéndez Pidal |
Xénero artístico | Poesía e ensaio |
Premios | |
Pilar Pallarés García, nada en Culleredo o 29 de abril de 1957, é unha poeta galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversas revistas, como Grial, Coordenadas, Dorna, Nordés ou Festa da Palabra Silenciada. Pertenceu ao colectivo poético De amor e desamor.
Tras a publicación do seu primeiro libro, Entre lusco e fusco (1980), converteuse nunha das voces poéticas máis importantes da poesía galega. Posteriormente publicaría as obras Sétima soidade (1984, Premio Esquío de poesía en 1983) e Livro das devoracións (1996). Ademais, ten colaborado en varias revistas con estudos de crítica literaria. Actualmente exerce de profesora de literatura galega no Instituto Ramón Menéndez Pidal da Coruña.
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]En 2019 é recoñecida pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega como Escritora na súa Terra.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Entre Lusco e Fusco, (1980). Ediciós do Castro.
- Sétima soidade, (1984). Edicións da Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- Livro das devoracións, (1996). Espiral Maior. Traducido ao inglés, Fossil Time & Book of Devorations (2021).[2]
- Poemas, (2000). Universidade das Illas Baleares. Servizo de Publicacións.
- Leopardo son (2011, Espiral Maior). Foi traducida ao inglés.[3]
- Tempo fósil, (2018, Chan da Pólvora).[4] Traducido ao castelán, Tiempo fósil (2020) [5] e ao inglés, Fossil Time & Book of Devorations (2021).[2]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Rosas na sombra (a poesía de Luís Pimentel), (1991). Edicións do Cumio.
- Carballo Calero. Caderno didáctico, (1994). Concello de Ferrol.
Infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Unha boa gatucada! (2023). Baía Ed. 96 páxs. ISBN 978-84-9995-425-7.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- De amor e desamor. I. II, (1984 e 1985), Ediciós do Castro.
- Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
- Rosalía de Castro: unha obra non asumida, (1985), Xistral.
- Desde a palabra, doce voces, (1986), Sotelo Blanco.
- Literatura galega do século XX, (1988), Vía Láctea.
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), (1990), Ediciós do Castro.
- XIII Festival da Poesia no Condado, (1993), S. C. D. Condado.
- XIV Festival da Poesia no Condado, (1994), S. C. D. Condado.
- Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy, (1995). Deputación de Granada. Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
- Rafael Dieste. Caderno didáctico, (1995). AS-PG.
- Construír a paz (1996), Xerais.
- Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, (1997), Fundación Rosalía de Castro.
- Manuel Ponte Pedreira: a resistencia antifranquista na comarca de Ordes, (1997), Obradoiro de História.
- Alguén agarda que volva alí, (1998).
- Clásicos e modernos: tres leituras poéticas, (1999), Universidade da Coruña.
- Galician generation of the eighties: three poets, (1999), Universidade da Coruña. Edición bilingüe galego-inglés.[6]
- Poetas e narradores nas súas voces. I, (2001), Consello da Cultura Galega.
- Horizontes poéticos, (2002, Xerais).
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, (2003), Tris Tram. Por Arturo Casas.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, (2003), Fundación Araguaney.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, (2003), Espiral Maior.
- Son de poesia (2005), Edições Fluviais, Lisboa.
- Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, (2006), Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda, (2006), Espiral Maior.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, (2006), Difusora.
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, (2008), Universidade da Coruña.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, (2009, Fundación Manuel María).
- Lois Pereiro en 17 voces, (2011), La Voz de Galicia.
- No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal (2015), Alvarellos.
Poemas en edición dixital
[editar | editar a fonte]- Hai estratos distintos de vazio, (2002).
- Non coñezo, non sinto, non comprendo, (2002).
- Para que te serve essa cruel boca de fome?, (2002).
- Persisto, (2002).
Edicións
[editar | editar a fonte]- Fillo de Eva (88 poemas de Carvalho Calero), (1992), Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
Premios
[editar | editar a fonte]- Gañadora do Premio de Poesía O Facho no 1979.
- Premio Esquío de poesía no 1983, por Sétima soidade.
- Premio de poesía da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2012, por Leopardo son.
- O/A escritor/a na súa terra (letra E) da AELG en 2019.[7]
- Premio da Crítica española 2018 por Tempo fósil.[8]
- Premio Nacional de Poesía 2019 por Tempo fósil. Ministerio de Cultura.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pilar Pallarés, Escritora na súa Terra da AELG". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Fossil Time & Book of Devorations". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ "A Leopard Am I". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "A destrución segundo Pilar Pallarés". Sermos Galiza. 20 de xuño de 2018. Consultado o 21 de xuño de 2018.
- ↑ "Tiempo fósil". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-13.
- ↑ "Galician Generation of the Eighties: Three Poets". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-08.
- ↑ "A AELG premia Pilar Pallarés, Dorothé Schubarth, Pablo Quintana e María Teresa Horta". Sermos Galiza. 9 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de febreiro de 2019.
- ↑ "Tags premios-da-critica-espanola - Sermos Galiza - Diario de intereses galegos". www.sermosgaliza.gal. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-06.
- ↑ Vizoso, Sonia (2019-10-31). "La gallega Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-11-01.