Perfecto Yebra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1939 (85 anos) A Habana, Cuba |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
14 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982 Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: España 24 de abril de 1978 – 11 de outubro de 1979 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
5 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Lexislatura: Lexislatura Constituínte de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 1977 en España | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Participou en | |
9 de abril de 2003 | Democracia sen rabia |
Perfecto Yebra Martul-Ortega, nado na Habana o 16 de xullo de 1939, é un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1966, e doutor en Dereito pola mesma Universidade (1970), realizou estudos en Salzburg, Radolfzell, Coímbra, Heidelberg e Colonia. Foi profesor de Economía e Facenda Pública e catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Facultade de Dereito da USC. Dende o 1 de outubro de 2004 é catedrático emérito da Universidade de Santiago. Foi maxistrado suplente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1990-1991).
Integrouse no Partido Gallego Independiente de José Luis Meilán Gil. Foi deputado por UCD pola provincia da Coruña na lexislatura constituínte e na I lexislatura. Secretario da Asemblea de Parlamentarios de Galicia, participou na redacción do acordo preautonómico e foi Vicepresidente da Comisión Mixta de transferencias Goberno-Xunta de Galicia. Foi membro do Consello de Europa en representación de UCD (1979) e do Consello de Dirección da Unión Interparlamentaria (1979-1982), membro da Comisión Mixta Parlamento Europeo - Parlamento Español (1979-1982). Integrouse en Coalición Galega sendo responsable da elaboración do seu programa político. Fundou o Clube Nacionalista Alén Nós en 1986, do que foi secretario. Foi director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia (1987-1988), voceiro da Xunta Electoral de Galicia (1982-1994 e 1997-1999) e concelleiro de Santiago de Compostela polo PPdeG (1999-2003).
É membro da Orde ao Mérito Constitucional, voceiro do Padroado do Museo do Pobo Galego e membro da Asociación Alexander Von Humboldt de España.
Obras
[editar | editar a fonte]- La descentralización económico-financiera en Alfredo Brañas, 1971.
- Castelao e a facenda galega, 1989.
- Los principios del derecho financiero y tributario en la ley fundamental de Bonn, 1991.
- Constitución financiera española: veinticinco años, 2004.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados na Habana
- Nados en 1939
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña
- Avogados de Galicia
- Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte)
- Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela
- Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura)