Pablo Xabier López Vidal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 (56/57 anos) Barbadás, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Pablo Xabier López Vidal, nado en Barbadás en 1968 e un avogado e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, exerceu como avogado, asesor xurídico e consultor en empresas privadas e en distintas institucións.
Nas eleccións municipais de 1995 e 1999 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Barbadás e foi elixido concelleiro. Foi coordinador provincial do PSdeG-PSOE en Ourense de outubro de 2000[1] a maio de 2002. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2001 foi elixido deputado, tralo cal renunciou como portavoz e concelleiro en Barbadás. Volveu ser elixido deputado tralas eleccións autonómicas de 2005 e 2009.
En maio de 2012 disputoulle a Secretaría provincial do PSdeG en Ourense a Raúl Fernández, finalmente de forma infructuosa[2]. Non foi incluído na candidatura do PSdeG para as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, polo cal non continuou como deputado[3] e abandonou a primeira liña política.
Asumiu a Secretaría de Organización do PSdeG-PSOE na cidade de Ourense entre xuño de 2012 e xaneiro de 2018. Dentro dos procesos orgánicos do partido tidos lugar ao longo de 2017 foi dos principais apoios de Pedro Sánchez na cidade, apoiando posteriormente a Gonzalo Caballero a nivel autonómico e a Rafael Rodríguez Villarino a nivel provincial, resultando os 3 gañadores.
Predecesor: Gonzalo Iglesias Sueiro |
Coordinador Provincial do PSdeG en Ourense 2000 – 2002 |
Sucesor: Pachi Vázquez |