Saltar ao contido

Nicolao III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nicolao III»)
Modelo:BiografíaNicolao III, papa

(década de 1200, San Lorenzo in Palatio ad Sancta Sanctorum (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Nicolaus PP. III Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 1210 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de agosto de 1280 Editar o valor en Wikidata (55/65 anos)
Viterbo, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrutas vaticanas Editar o valor en Wikidata
188º Papa
2 de decembro de 1277 – 22 de agosto de 1280 (Gregoriano)
← Xoán XXIMartiño IV →
Archpriest of St. Peter's Basilica, Vatican City (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1277–), sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata
Participou en
2 de xullo de 1276Conclave de julho de 1276 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Orsini Editar o valor en Wikidata
PaisMatteo Rosso Orsini, Lord of Mugnano, Monterorondo, Galeria and San Angelo Editar o valor en Wikidata  e Gemma di Monticelli Editar o valor en Wikidata
IrmánsGiordano Orsini
Bertoldo Orsini Editar o valor en Wikidata
ParentesFrancesco Napoleone Orsini, sobriño Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1459110 WikiTree: Orsini-39 Find a Grave: 8937635 Editar o valor en Wikidata
Nicolao III

Nicolao III (Giovanni Gaetano Orsini) naceu en Roma entre 1210 e 1220; faleceu en Soriano, cerca de Viterbo, o 22 de agosto de 1280, probablemente dun ataque de apoplexía.

Foi papa entre 1277 e 1280. Era membro da poderosa familia dos Orsini. Foi o primeiro papa que viviu regularmente en Roma, onde estableceu a residencia pontifical. Ténselle reprochado o seu nepotismo.

Pontificado

[editar | editar a fonte]

Nicolao III sucedeu ao papa Xoán XXI, en boa medida grazas á influencia da súa familia, despois dun período de seis meses nos que a Santa Sé estivera vacante. O seu breve pontificado estivo marcado por algúns acontecementos importantes. Político nato, reforzou notablemente a posición papal en Italia. Concluíu un concordato con Rodolfo I de Habsburgo, en maio do 1278, polo cal a Romaña e máis o Exarcado de Rávena foron concedidos ao papa; mentres, en xullo, promulgou unha constitución para o goberno de Roma, que faría época, pois nela vetábase aos estranxeiros a asunción de cargos civís. Nicolao III publicou a bula Exiit qui seminat, o 14 de agosto de 1279, para acalmar as contendas internas entre os franciscanos, divididos entre partidarios da observanza estrita e da laxa. Fixo reparar os pazos do Laterano e o do Vaticano, cun custoso prezo, e fixo erixir unha linda residencia de campo en Soriano, nos arredores de Viterbo. Aínda que era home de estudos, posuía un carácter forte, máis é tamén criticado por ter buscado principados para os seus sobriños e outros parentes.

Dante, na Divina Comedia, no canto dedicado ao Inferno, colocou a Nicolao III na parte reservada aos simoníacos.

Corresponde a « Rosa composita » na profecía de San Malaquías.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.