Maximino Díaz Bugallo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | novembro de 1914 Millarada, España |
Morte | 31 de outubro de 1937 (22 anos) A Fonsagrada, España |
Causa da morte | execución extraxudicial, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | canteiro, militar |
Membro de |
Maximino Díaz Bugallo, nado en Millarada (Forcarei) en novembro de 1914 e finado na Fonsagrada o 31 de outubro de 1937, foi un canteiro e militar galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Canteiro de Millarada afiliado á CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sarxento do Batallón Galicia no Exército Popular da República en Asturias.[1] Coa caída da fronte norte tratou de retornar a Galicia cun grupo de dezaseis anarquistas do Batallón Galicia comandados por José Moreno Torres. A noite do 29 ao 30 de outubro de 1937 chegaron ao porto do Acevo, nos límites de Asturias e Galicia. Alí fixeron noite en dous grupos en dúas tabernas. O grupo de nove que durmía na taberna máis internada en Galicia no que estaban Maximino Díaz e Manuel Rivas Rey foi sorprendido por falanxistas e gardas civís da zona, que os capturaron e executaron sumariamente. O outro grupo, alertado polos disparos, non foi sorprendido; enfrontáronse aos atacantes e mataron a un falanxista á unha da madrugada do día 30 de outubro. Despois dun breve tiroteo escaparon pola parte posterior da casa e internáronse no monte. Foi soterrado nunha fosa común do cemiterio da Fonsagrada.