Maximino Cacheiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1943 A Coruña, España |
Morte | 29 de maio de 2020 (77 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | catedrático, escritor |
Maximino Cacheiro Varela, nado na Coruña en 1943, e finado en Vigo o 29 de maio de 2020[1], foi un ensaísta, teórico da literatura, antólogo, poeta e profesor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo o bacharelato e a carreira de Maxisterio na cidade natal. Viuse obrigado a exiliarse en 1967 por motivos políticos, unha situación que se prolongou até 1976 en París e que tivo a súa continuación, outros sete anos, en Venezuela. En Venezuela foi profesor da Universidade Central de Venezuela e da Andrés Bello. En París obtivo o título de Licenciado en Filoloxía Hispánica e foi doutor en "Estudos Ibéricos" pola Sorbona, mestrado en Etnoloxía e diplomado en Estudos Superiores Cinematográficos. Foi profesor titular de Literatura Hispanoamericana na Universidade de Vigo.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Diccionario Conceptual Lezamiano.
- Glosario lingüístico sobre Roland Barthes, 1977.
- O mar na poesía galega, 1985, Ediciós do Castro.
- Poetisas galegas do século XX, 1987, autoedición.
- América na poesía galega, 1993, Deputación da Coruña.
- Retrato hablado de José Antonio Rial, 1995, Ateneo de Los Teques.
- L'aube du désir un étude de Primeras Poesías de Luis Cernuda, 1996, Gamesal.
- Letras e figuras. Con Galicia ao fondo, 2000, Tórculo Edicións.
- Os escritores galegos e Iberoamérica, 2000, Universidade de Vigo.
- Diccionario de símbolos y personajes en Paradiso y Oppiano Licario de José Lezama Lima, 2001, Universidade de Vigo.
- O mar na poesía e pintura galegas, 2002, Deputación de Pontevedra. Con Francisco Pablos.
- A vellez na poesía galega, 2002, Baía Edicións.[2]
- Poemas de amor da Xeración dos 50, 2004, Tórculo Edicións.
- La poesía en Pedro Páramo, 2004, Huerga y Fierro.
- Amor en feminino. Antoloxía das poetas galegas: de Rosalía á xeración dos 80, 2006, Baía Edicións.
- El sentido irisado, leyendo "Paradiso" de Lezama Lima, 2010, Academia del Hispanismo.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Memorial do exilio, 1994. Foi traducida ao ruso.[3]
- O tremor do amor, 1997, Suaver.
- Fulgor del fetiche lezamiano, 2001, Verbum.
- A iluminación do mar, 2004. Editorial Toxosoutos.[4]
- Latidos del exilio, 2002, Verbum.
- Relampos do existir, 2005, Editorial Toxosoutos.[5]
- Onde se irisa a flor, 2006, Deputación de Pontevedra.
- Música irisiada, 2012, La Biblioteca del Laberinto.
- Mar e lume, 2015, Toxosoutos, antoloxía que reúne a súa obra poética completa en galego: Latexos do exilio, O tremor do amor, Fulgor do fetiche lezamiano, A iluminación do mar, Relampos do existir, Onde se irisa a flor e A música irisada.[6]
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Historias da pintura. Odas aos pintores galegos, 2009, Toxosoutos.[7]
- Historias da Boule D'or. Contos da paixón erótica, 2011, Toxosoutos.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Morreu Maximino Cacheiro Varela". Luzes. 29 de maio de 2020.
- ↑ A vellez na poesía galega na páxina web de Baía Edicións.
- ↑ "Pamiat izgnaniya". Biblioteca da Tradución Galega. Arquivado dende o orixinal o 02/06/2020. Consultado o 28/10/2019.
- ↑ A iluminación do mar na páxina web de Toxosoutos.
- ↑ Relampos do existir na páxina web de Toxosoutos.
- ↑ Mar e lume na páxina web de Toxosoutos.
- ↑ Historias da pintura na páxina web de Toxosoutos.
- ↑ Historias da Boule D'or na páxina web de Toxosoutos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Cacheiro Varela, Maximino". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 159.
- "Cacheiro Varela, Maximino". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Trasterrados. Dicionario do exilio galego. Santiago de Compostela: Galicia Hoxe. 2005. p. 31. ISBN 84-8064-151-7.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. pp. 67–68. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 100–101. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do autor na páxina web de Baía Edicións.
- Lamas, Jorge (7/1/2016). "Maximino Cacheiro publica a súa antoloxía poética en galego" La Voz de Galicia.