Saltar ao contido

Marina Castaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarina Castaño
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

BUSC: castano-marina-1957

Marina Concepción Castaño López, nada na Coruña o 14 de marzo de 1957, é unha xornalista, escritora e xestora cultural galega, durante moitos anos presidenta da Fundación Camilo José Cela.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no colexio Liceo da Coruña. Membro dunha familia coruñesa, a súa nai rexentaba un salón de peiteado na cidade herculina; traballou como xornalista para a radio e para a televisión. Na radio ten colaborado con emisoras como Radio Cadena Española, Radio 80, Ondas Galicia, Onda Cero, Cadena Cope, en xornais como o ABC onde durante un tempo mantivo unha columna, e en cadeas de televisión como Telecinco. Na TVG presentou o programa de entrevistas nos anos noventa chamado Ágora, agora, e que foi obxecto de polémica, ao gravarse na sede da Casa de Galicia de Madrid, e emitirse practicamente na súa totalidade en castelán[1].

Con todo, a súa sona pública veulle do papel que como xestora cultural desempeñou ao lado do seu segundo home, o escritor padronés Camilo José Cela. Casada de primeiras cun mariño mercante en 1975, divorciouse en 1991 para casar con Cela ese mesmo ano en El Espinar (Segovia). Á morte do seu home en 2002 ocupou a presidencia da Fundación Cela e unha vogalía da Universidade Camilo José Cela, pero viuse envolta nun preito pola herdanza do escritor, que se estendeu ata 2014, e que a enfrontou ao fillo máis vello Camilo José Cela Conde[2].

  • Toda la soledad, 1991, novela.