Saltar ao contido

Manuel Prieto Marcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Prieto Marcos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1905 Editar o valor en Wikidata
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xuño de 1945 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Chacarita Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, poeta Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓboe Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNandela (†1969) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario biográfico de Galicia
Diccionario de escritores en lingua galega
Diccionario bio-bibliográfico de escritores Editar o valor en Wikidata
BNE: XX891300 BUSC: prieto-marcos-manuel-1905-1945

Manuel Prieto Marcos, nado en Tui o 6 de xuño de 1905 e finado en Buenos Aires o 23 de xuño de 1945, foi un músico e poeta galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi fillo máis vello de Arturo Prieto Pérez, natural de Ourense, e Tomasa Marcos Romo, nada en Hinojosa de Duero (Provincia de Salamanca), que morreron prematuramente. Manuel estudou solfa e ingresou na banda do Rexemento de Infantaría Murcia, con base no Cuartel de Barreiro, en Lavadores, Vigo, onde foi solista de óboe.[1] En 1925 foi nomeado subdirector da Banda Municipal de Vilagarcía de Arousa. Nese tempo casou. En 1928 o matrimonio emigrou á Arxentina, instalándose primeiramente en Concordia (provincia de Entre Ríos), e despois en Buenos Aires, onde Manuel dirixiu agrupacións corais, compuxo pezas como Cantarela, Canto de nenos, Romaxe e Ruada e harmonizou melodías populares galegas.[2]

Colaborou en Correo de Galicia, Abrente, Alalá, Dolmen, Galicia, Lugo, Mundo Gallego, Céltiga e A Fouce.[3] e escribiu un único libro de poesía, de 59 páxinas,[1] Versos en gama de gaita, publicado en 1943 por Edicións das Mocedades Galegas con portada de Luís Seoane, que foi reeditado pola Editorial Nós, tamén en Buenos Aires, en 1970.

As súas cinzas repousan no Cemiterio da Chacarita.[1] A prensa escrita galega bonaerense dedicoulle unha homenaxe polo quinto cabodano.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]