Manuel Fuentes Canal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1901 Ourense, España |
Morte | 16 de agosto de 1936 (34/35 anos) Viveiro, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Irmáns | Ramón Fuentes Canal |
Manuel Fuentes Canal, nado en Ourense e finado en Celanova o 16 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empregado do Hispano-Americano en Ourense. Membro da Irmandade da Fala de Ourense, traballou na transcrición das cantigas de Nuno Eanes Cerzeo no cancioneiro da Biblioteca Nacional.[1] Publicou tres artigos na revista Nós, entre eles "Unha nova vía romana", escrito xunto a Manuel Fernández Costas (1926) e "A eirexa de Santa María de Mixós e as súas aras romanas" (1928), escrito xunto a Fermín Bouza-Brey e Xosé Ramón Fernández-Oxea e considerado o seu traballo de ingreso no Seminario de Estudos Galegos.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22 de xullo. Foi sacado da prisión e asasinado na Ponte Pequena de Paradela de Viveiro (Celanova) o 16 de agosto de 1936 con 35 anos, xunto co seu irmán Emilio.