Manuel Buhigas Novo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 1936 Ordes, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Manuel Buhigas Novo, nado en Vilagarcía de Arousa e finado no Mesón do Vento (Ordes) en 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ulpiano Buhigas Abad. En 1924 foi nomeado axente de seguros do Real Automóbil Club de España.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi cabo do Somatén de Vilagarcía e Cambados.[2] Foi contratado como actor e caricato en 1927, chegando a facer unha xira por América.[3][4] Asentouse en Cabanas. Aprobou en 1934 os exames para mecánico maquinista da mariña civil co número un.[5] Militante do PSOE, participou en mitins da Fonte Popular para as eleccións de febreiro de 1936.[6] Logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro de Cabanas en febreiro, e elixido primeiro tenente alcalde na corporación que presidiu Álvaro Puentes Antón.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado no Mesón do Vento (Ordes), sen que chegase a atoparse o seu cadáver. O xuíz de instrución de Pontedeume abriulle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1943.[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Pontedeume con María Manuela Rodríguez Anca en xaneiro de 1931.[8]