Manolo Romón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (68/69 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, actor, poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Manuel María Romón Alonso, coñecido como Manolo Romón, nado en Vigo en 1956, é un actor, presentador e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Conduciu un espazo literario Libro aberto na TVG[1] e participou como actor, desde 2005 ao 2013, na teleserie da mesma canle Libro de familia, onde interpretou o papel de Don Venancio.
Na súa traxectoria profesional televisiva destacan as súas colaboracións no espazo infantil Xabarín Club ou o programa concurso Todos a bordo, do que foi presentador a finais dos 90 entre outros proxectos. Como actor participou en 2001 na serie Fíos.
En canto á súa faceta literaria, foi membro do Grupo Rompente (no que coincidiu con Antón Reixa, Alberto Avendaño e Alfonso Pexegueiro), co que participou na escritura dos libros colectivos Silabario da turbina (1978), A dama que fala (1983) e Upalás (1998).
É un bo amigo do grupo musical vigués Siniestro Total, co que ten colaborado en varias ocasións. Con algúns dos seus compoñentes coincidiu na banda predecesora do conxunto liderado por Julián Hernández, Mari Cruz Soriano y los que afinan su piano.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Galletas kokoschka non, 1979, Rompente.
- Anaí, 1983, Correo Bereber, Vigo.
- Miniaturas, 1987, Correo Bereber, Vigo.
- Nadir, 1996, Litonor, A Coruña.
- Et finira le jour de son commentement, 2000, Deputación de Pontevedra.
- Poesía barata, 2006, Deputación de Pontevedra.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Silabario da turbina, 1978, Rompente.
- A dama que fala, 1983, Xerais.[2]
- Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
- Upalás, 1998, Xerais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Desaparece libro aberto da TVG". Editorial Galaxia. 14 de setembro de 2009.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.