Leonardo Álvarez Álvarez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1893 A Pobra de Trives, España |
Morte | 30 de outubro de 1938 (44/45 anos) Pena Folenche, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | canteiro, político |
Leonardo Álvarez Álvarez, nado na Pobra de Trives cara a 1893 e finado en Agro de Sas (Pena Folenche) o 30 de outubro de 1938, foi un canteiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Canteiro, veciño de Pena Folenche. Membro da UGT e vogal da Agrupación Socialista de Trives. Foi elixido concelleiro da Pobra de Trives en 1931 e permaneceu no cargo ata marzo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi xulgado en Ourense por rebelión militar e declarado en rebeldía. Foi sorprendido nas proximidades da súa aldea por varios gardas civís e soldados pertencentes á liña de Trives o 30 de outubro de 1938. Aplicáronlle a "lei de fugas" en Agro de Sas, Pena Folenche. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi condenado a oito anos e un día de inhabilitación absoluta e desterro a máis de douscentos quilómetros e a 50 pesetas de sanción económica en agosto de 1939.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Prada Rodríguez, Julio (2004). Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Sada: Do Castro. pp. 478–479. ISBN 978-84-8485-157-8.