Julio Manuel Cid Rodríguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Allariz, España |
Morte | 3 de setembro de 1936 Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Residencia | Corvillón |
Actividade | |
Ocupación | político |
Julio Manuel Cid Rodríguez, coñecido como Emilio, nado en Allariz e finado en Lugo o 3 de setembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de Corvillón (A Merca), posiblemente residía temporalmente en Lugo en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 20 de xullo. Xulgado en consello de guerra o 28 de agosto por tenencia de explosivos,[1] foi condenado a morte por rebelión militar. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 3 de setembro de 1936.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 29-8-1936, p. 5.