Juan Alonso-Villalobos Solórzano
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Aguilar de Campoo, España |
Morte | 5 de abril de 1974 (73/74 anos) León, España |
Procurador en Cortes | |
13 de maio de 1949 – 14 de xullo de 1951 – Vicente Muñoz Calero → Lexislatura: III lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
13 de maio de 1949 – 14 de xullo de 1951 – Vicente Muñoz Calero → | |
Procurador en Cortes | |
17 de decembro de 1947 – 6 de abril de 1949 Lexislatura: II lexislatura das Cortes franquistas | |
Gobernador civil da provincia de Valladolid | |
1947 – 1951 ← Tomás Romojaro Sánchez (en) – Vicente Muñoz Calero → | |
Gobernador civil da provincia de Xaén | |
31 de xullo de 1943 – 26 de xullo de 1947 ← Fernando Coca de la Piñera (en) – David Herrero Lozano (en) → | |
Datos persoais | |
Residencia | Avenida de Ordoño II, León (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | notario, político |
Partido político | Falange Española Tradicionalista y de las JONS |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Juan Alonso-Villalobos Solórzano, nado Aguilar de Campoo o 28 de febreiro de 1900 e finado en León o 5 de abril de 1974,[1] foi un notario e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou dereito na Universidade de Valladolid, onde contactou co grupo de Onésimo Redondo, achegándose posteriormente á CEDA a medida que se desenvolvía como notario por diferentes localidades castelás. En setembro de 1934 tomou posesión como notario de Monforte de Lemos e entrou en contacto coa sección local do Partido Agrario Español dirixida por Andrés Gil Municio. Participou na campaña das eleccións de febreiro de 1936 en diversos mitins de propaganda do bloque reaccionario. O triunfo electoral da Fronte Popular levouno a sumarse ao fascismo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos represores de Monforte; empregaba as fotografías das manifestacións do primeiro de maio para elaborar as listas negras, riscando e sinalando que persoas debían ser perseguidas ou asasinadas. Foi nomeado gobernador civil de Xaén o 30 de xullo de 1943, permanecendo no posto até o 26 de xuño de 1947. Despois de Valladolid de 1947 a 1951. Como Xefe Provincial do Movimiento de Valladolid foi Conselleiro Nacional de FET y de las JONS e procurador nato nas Cortes franquistas entre maio de 1949 e xullo de 1951. Instalado en León, dedicouse á notaría até a súa morte.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Nina Merino Hompanera e foi pai de Juan, Federico, Carmina, José Antonio, Luis e Fernando Alonso-Villalobos Merino.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Garrido González, Luis (2011). "El Jaén de Zabaleta en el primer franquismo (1940-1960)". Boletín del Instituto de Estudios Giennenses (Jaén: Instituto de Estudios Giennenses) (204): 35–54. ISSN 0561-3590.
- Martín de la Guardia, Ricardo M. (1994). "El modelo propagandístico en la prensa del movimiento ante el aislamiento internacional: Libertad de Valladolid, 1945-1951". Investigaciones históricas: Época moderna y contemporánea (Valladolid: Universidade de Valladolid) (14): 237–257. ISSN 0210-9425.
- Ponce Alberca, Julio (2008). "Guerra y poder en la Andalucía del Franquismo. Gobiernos y gobernadores civiles (1936-1975)" (PDF). Guerra, Franquismo y Transición. Los gobernadores civiles en Andalucía (1936-1979) (Fundación Centro de Estudios Andaluces; Consejería de la Presidencia de la Junta de Andalucía): 59–119. ISBN 978-84-691-6712-0.
- Sanz Hoya, Julio (2010). "Jerarcas, caciques y otros camaradas: el estudio de los poderes locales en el primer franquismo" (PDF). Historia del presente. 2.ª Época (15): 9–26. ISSN 1579-8135.