Saltar ao contido

Iván Marcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIván Marcos
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Galicia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm4408584 Twitter: IbanMarcos Instagram: ivan.marcos.ivan Editar o valor en Wikidata

Iván Marcos, nado en 1980, é un actor galego. É recoñecido polo seu traballo en televisión para series como Fariña (2018), 45 revoluciones (2019) ou Jaguar (2021). En 2018 foi galardoado cun Mestre Mateo ao mellor actor principal na 16ª edición dos premios pola súa interpretación en Dhogs.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iván Marcos naceu en 1980 en Galicia, e formouse en interpretación na escola École Philippe Gaulier do Reino Unido.[1]

Obtivo o seu primeiro papel importante no ano 2011 coa serie Matalobos, emitida na TVG, onde interpretou a Méndez a partir da terceira tempada.[2] Máis adiante, participou no filme Todo é silencio (2012) de José Luis Cuerda e despois en Las altas presiones (2014) e Un trabajo inesperado (Un petit boulot, 2016) de Pascal Chaumeil.

En 2017 obtivo recoñecemento logo de protagonizar o filme Dhogs, dirixido por Andrés Goteira, papel co que gañou o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista.[3] Posteriormente, regresou á televisión, desta volta para participar na serie Fariña co papel de Braulio Montes, ademais de interpretar a Curro na serie orixinal de Netflix Las chicas del cable durante tres episodios, ambas en 2018.[4] Un ano despois foi o protagonista da serie 45 revoluciones, xunto a Carlos Cuevas e Guiomar Puerta, emitida en Antena 3.[5]

A comezos de 2020 foi un dos protagonistas do filme de terror Malasaña 32, co papel de Manolo, o pai dunha familia que se instala nun edificio onde ocorren fenómenos paranormais.[6] Ademais, tivo unha pequena participación na serie de Televisión Española Cuéntame cómo pasó.[7] Ese mesmo ano protagonizou xunto a Blanca Suárez a serie orixinal de Netflix Jaguar, co papel de Lucena, que se estreou mundialmente en setembro de 2021.[8] Antes da estrea da serie, en xuño de 2021, anunciouse a súa incorporación á serie de Atresmedia Heridas, adaptación da telenovela turca Anne.[9]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Director
2011 Crebinsky Extra Enrique Otero
2012 Invasor Enfermeiro Daniel Calparsoro
Todo é silencio Banker José Luis Cuerda
2014 Las altas presiones Xavi Ángel Santos
2016 Un trabajo inesperado Jaime Pascal Chaumeil
2018 Dhogs Jon Doe Andrés Goteira
2020 Malasaña 32 Manolo Olmedo Albert Pintó

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Canle Notas
2005 Omar Martínez Modrego TVG Telefilme
2011 Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde Alumno Telefilme
2011 - 2012 Matalobos Méndez 8 episodios
2013 Padre Casares Extra 2 episodios
2014 - 2018 Pazo de familia Daniel 107 episodios
2017 Juana de Vega. Vizcondesa do Arado Avogado 2 episodios
2018 Fariña Braulio Montes Antena 3 6 episodios
Las chicas del cable Curro Netflix 3 episodios
2019 45 revoluciones Guillermo Rojas Antena 3 13 episodios
2020 Cuéntame cómo pasó Jero TVE 2 episodios
2021 The Mallorca files Jaume Borrell BBC One 1 episodio
2021 - presente Jaguar Lucena Netflix 6 episodios
2022 Heridas Héctor Antena 3/Atresplayer Premium 13 episodios

Gañardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Premio Categoría Traballo Resultado Ref.
2018 Premios Mestre Mateo Mellor interpretación masculina protagonista Dhogs Gañador [10]
  1. "Ficha, noticias, trabajos y fotos de Iván Marcos" (en castelán). Formula TV. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  2. Hergar, Paula (15 de xullo de 2020). "Blanca Suárez ya tiene coprotagonista masculino para su 'Jaguar' en Netflix, Iván Marcos" (en castelán). Vertele. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  3. "La película 'Dhogs', rodada en Almería, se estrenará en el Festival de Cine Independiente de Buenos Aires" (en castelán). La Información. 3 de abril de 2017. Consultado o 22 de setembro de 2021. [Ligazón morta]
  4. Almodóvar, Marco (31 de marzo de 2019). "Iván Marcos, sobre la continuidad de 'Fariña'" (en castelán). Ecoteuve. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  5. García Higueras, Laura (25 de marzo de 2019). "Iván Marcos busca cambiar la música en '45 revoluciones'" (en castelán). Vertele. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  6. Broncano, Carmen (16 de xaneiro de 2020). "El reparto de 'Malasaña 32' nos cuenta sus experiencias paranormales" (en castelán). eCartelera. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  7. "'Cuéntame cómo pasó': Mariona Terés y Alvaro Monje fichan por la segunda parte de la temporada 20" (en castelán). Formula TV. 21 de novembro de 2019. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  8. "'Jaguar', la serie española de Netflix sobre el nazismo que "rescata la memoria para hacer justicia"" (en castelán). Sensacine. 22 de setembro de 2021. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  9. S. Palenzuela, Fernando (22 de xuño de 2021). "'Heridas', la adaptación de 'Madre' con Adriana Ugarte, comienza su rodaje y completa su reparto" (en castelán). Formula TV. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  10. Corral, Óscar (7 de marzo de 2018). "‘Dhogs’ arrasa con 13 galardones en los Premios Mestre Mateo" (en castelán). El País. Consultado o 22 de setembro de 2021.