Incesto
O incesto defínese como a relación sexual entre parentes próximos. Na maioría das culturas o incesto é un tabú, a gran maioría das lexislacións do mundo considérano como delito, mesmo de se practicar con "mutuo consentimento" entre maiores de idade, non obstante que o grao de parentesco en que esas relacións quedan prohibidas varía segundo as culturas e os períodos históricos. En toda a historia atópanse só tres excepcións á prohibición universal do incesto: as das monarquías do Antigo Exipto; a dos monarcas do Tawantinsuyo e as dos antigos monarcas hawaianos. En todos eses casos primaba unha razón de Estado que se podía resumir no intento de concentrar o poder nunha familia; por isto tales incestos adoitaban ser ás veces nominais e era frecuente a polixinia por parte dos homes nesas parellas legalmente incestuosas.
A consanguinidade, a procreación entre parentes, aumenta a frecuencia de homocigose dentro dunha poboación, reducindo a súa variabilidade xenética.[Cómpre referencia]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Incesto |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "incesto". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.