Henri Cartier-Bresson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Henri Georges Cartier-Bresson 22 de agosto de 1908 Chanteloup-en-Brie, Francia |
Morte | 3 de agosto de 2004 (95 anos) Montjustin, Francia |
Lugar de sepultura | Cimetière de Montjustin (en) |
Educación | Liceo Condorcet |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo, director de cinema, xornalista, fotoxornalista, pintor |
Membro de | |
Movemento | Humanistic photography (en) |
Profesores | André Lhote (pt) e Jean Cottenet (pt) |
Participou en | |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
Postwar European Photography (en) | |
foto '37 (en) | |
Familia | |
Cónxuxe | Martine Franck (1970–2004) Ratna Mohini (1937–1967) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Картье-Брессон Анри) Modern Times: Photography in the 20th Century (en) |
Sitio web | magnumphotos.com… |
|
Henri Cartier-Bresson, nado o 22 de agosto de 1908 en Chanteloup-en-Brie e finado o 3 de agosto de 2004 en Montjustin, foi un célebre fotógrafo francés considerado por moitos o pai do fotorreportaxe. Predicou sempre coa idea de atrapar o instante decisivo, versión traducida das súas "images a la sauvette", que veñen a significar con máis precisión "imaxes a hurtadillas". Tratabase, pois, de poñer a cabeza, o ollo e o corazón no mesmo momento no que se desenvolve o clímax dunha acción.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Chanteloup-les-vignes, ás aforas de París, o 22 de agosto de 1908. Aos 22 anos decidiu probar sorte en Costa do Marfil, foi aí onde tomou as súas primeiras fotografías. De regreso a Francia, adquiriu unha cámara Leica, a cal quedaría asociada coa súa persoa. Tras coquetear co surrealismo e colaborar con cineastas como Jean Renoir e Jean Becker decidiu fundar a axencia fotográfica Magnum con Robert Capa, David Seymour e George Rodger.
Ao longo da súa carreira, tivo a oportunidade de retratar a personaxes do talle de Pablo Picasso, Henri Matisse, Marie Curie, Edith Piaf, Fidel Castro e Ernesto Guevara. Tamén cubriu importantes eventos, como a morte de Gandhi, a guerra civil española ou a entrada triunfal de Mao Zedong a Pequín. Cartier-Bresson foi o primeiro periodista occidental que puido visitar a Unión Soviética tras a morte de Stalin.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Xunto á súa esposa, a tamén fotógrafa Martine Frank, creou no ano 2000 unha fundación encargada de reunir as súas mellores obras. Faleceu o 3 de agosto de 2004 en Cereste, ao suroeste de Francia.
En 2003, Heinz Bütler dirixiu a película suíza Henri Cartier-Bresson - Biographie eines Blicks, documental biográfico interpretado polo propio Cartier-Bresson ademais de Isabelle Huppert, entre outros.