Eduardo Araujo Conde
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Vigo, España |
Morte | 2 de abril de 1938 (37/38 anos) Vigo, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político, sindicalista |
Familia | |
Irmáns | Marcial Araújo Conde |
Eduardo Araujo Conde, nado en Vigo en 1900 e finado no mesmo concello o 2 de abril de 1938, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Marcial e Florencio Araujo Conde. Membro da dirección do Sindicato do Metal de Vigo e militante do PCE dende 1931, en maio de 1935 era o Secretario do Comité Rexional. Foi elixido compromisario para a elección do Presidente da República en maio de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Xulgado en Vigo por rebelión militar, foi declarado en rebeldía. Foi abatido o 2 de abril de 1938 xunto con Álvaro Ballesteros Estévez nun enfrontamento cun destacamento falanxista de Cabral.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santidrián Arias, Víctor Manuel (2003). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Ediciós do Castro. p. 104. ISBN 978-84-8485-079-3.