Saltar ao contido

Discipline (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Discipline
Álbum de King Crimson
Publicado22 de setembro de 1981
Gravaciónmaio - xuño de 1981
Estudio(s)Island Studios, Londres
Duración38:15
Xénero(s)art rock, rock progresivo, new wave, post-progresivo, dance-rock
Selo(s)E.G. Records, Warner Bros. Records
ProdutorKing Crimson, Rhett Davies
Cronoloxía
USA
(1975)
Discipline Beat
(1982)
Na rede
Spotify: 20dTbQRkxuOTkf3SFyaT2m Discogs: 577 Allmusic: mw0000196148 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Discipline é o oitavo álbum de estudio da banda inglesa de rock progresivo King Crimson, publicado o 22 de setembro de 1981 a través do selo E.G. Records no Reino Unido e de Warner Bros. Records nos Estados Unidos.[1]

Este traballo foi o primeiro álbum do grupo tras un hiato de sete anos. Só o cofundador e guitarrista Robert Fripp e o batería Bill Bruford permanecían da anterior encarnación, e a eles se lles uniron dous músicos estadounidenses: o guitarrista, vocalista e letrista Adrian Belew e o baixista e corista Tony Levin. O disco presenta un novo son da banda, influenciado polo new wave, o post-punk e a world music, aínda que mantendo o seu carácter experimental, axudando a sentar as bases doque despois se coñecería como rock post-progresivo.[2]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todas as letras escritas por Adrian Belew, toda a música composta por Robert Fripp, Adrian Belew, Tony Levin e Bill Bruford.

Cara A
N.º Título Duración
1. "Elephant Talk"   4:43
2. "Frame by Frame"   5:09
3. "Matte Kudasai"   3:47
4. "Indiscipline"   4:33
Cara B
N.º Título Duración
5. "Thela Hun Ginjeet"   6:26
6. "The Sheltering Sky" (Instrumental) 8:22
7. "Discipline" (instrumental) 5:13
  1. P, Matt (2016-10-10). "King Crimson’s Discipline: 35 Years Old Today". movingtheriver.com (en inglés). Consultado o 2022-12-22. 
  2. Bruford, Bill (2009). Bill Bruford : the autobiography : Yes, King Crimson, Earthworks, and more. (1st ed ed.). London: Jawbone Press. ISBN 978-1-906002-23-7. OCLC 305175178.