Saltar ao contido

Daniel Fraga Aguiar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniel Fraga Aguiar
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1877 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte1943 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, catedrático de bacharelato Editar o valor en Wikidata
Membro de

Daniel Fraga Aguiar, nado en Ourense o 30 de marzo de 1877 e finado en Madrid en 1943, foi un profesor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filosofía e Letras. Foi profesor do Instituto de Lugo. Catedrático de Latín do Instituto de Pontevedra e vicepresidente da Deputación de Pontevedra durante a ditadura de Primo de Rivera, foi elixido en 1927 membro da Asemblea Nacional Consultiva como representante das deputacións provinciais. Despois foi catedrático do Instituto de Segovia, do que foi nomeado director en decembro de 1936.[1] Nos anos corenta era catedrático do Instituto Cervantes de Madrid.[2] Finou en Madrid en 1943.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Vigo con María Álvarez Gómez en 1908.[4]

  1. Diario de Pontevedra, 26-12-1936, p. 3.
  2. BOE, 18-10-1943, p. 10098.
  3. BOE, 3-1-1944, p. 96.
  4. El Norte de Galicia, 7-9-1908, p. 2.