Carlos Álvarez Taboada
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1979 (45 anos) Pontevedra, España |
Educación | IES Sánchez Cantón |
Actividade | |
Ocupación | ilustrador, escritor |
Carlos Álvarez Taboada, nado en Pontevedra o 9 de outubro de 1979, é un ilustrador e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi xogador de balonmán. Estudou a secundaria no IES Sánchez Cantón e logo estudou Publicidade.
Ten colaborado en diversas publicacións, como por exemplo no fanzine catalán Despacio ou na campaña "Mans Limpas" promovida polo SERGAS en 2007.
É autor, conxuntamente con Enrique Mauricio Iglesias, de varios libros de literatura infantil publicados en Lela Edicións. Son os autores do proxecto Polo correo do vento que é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos; e leva xa feito un longo percorrido, en multitude de centros de ensino, bibliotecas, museos, feiras, librarías e centros socioculturais, dende a aparición dos 7 libros da colección do mesmo nome, publicada por Edicións Xerais de Galicia, a partir do ano 2008.
En 2018 publicou en solitario A biblioteca de Pedrarcana, obra finalista no Premio Merlín:
Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na clase con tanto entusiasmo da historia do pirata da cidade, que Artai e as súas irmás, Xela e Sabela, acudiron á biblioteca na procura do tesouro agochado en Pedrarcana."A biblioteca de Pedrarcana" é unha historia moi emocionante e fermosa sobre o valor dos libros e das bibliotecas para mudar a pel dunha cidade[1].
Obras
[editar | editar a fonte]- A biblioteca de Pedrarcana (2018). Edicións Xerais, 216 p., ISBN 978-84-9121-370-3
Con Enrique Mauricio
[editar | editar a fonte]- Hugo, o carteiro teixugo (2008). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9782-912-0.
- Mariquiña, a carteira andoriña (2008). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9782-911-3.
- Martiño, o carteiro porquiño (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7.
- Carola, a carteira centola (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-065-0.
- Violeta, a carteira bolboreta (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7.
- Xelo, o carteiro xurelo (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7.
- Amaranta, a carteira Saramaganta (2011). Edicións Xerais. 32. p. ISBN 978-84-9914-193-0.
- O esquío rampante (2015). Edicións do Cumio. 76 p. ISBN 978-84-8289-493-5.
- Un ronsel de Ardora. Pequena biografía de Ángeles Alvariño (2016). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-0-0.
- Periplo Atlántico. Unha versión moi libre de “O negriño Panchito” de Alfonso R. Castelao (2016). Lela Edicións. 56 páxs. ISBN 978-84-946043-1-7.
- Meiga nova, metade anxo, metade marisco. Pequena biografía de Maruja Mallo (2017). Lela Edicións, 32 páxs. ISBN 978-84-946043-2-4.
- Semente de igualdade, semente de liberdade. Pequena biografía de Ernestina Otero (2017). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-4-8.
- A detective Peregrina e o misterio do Torque (2018). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-5-5.
- A detective Peregrina e o insólito "caso Antón Fraguas" (2018). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-8494604362.
- Seoane. O creador na súa tinta. Primeira parte (2019). Lela Edicións. ISBN 978-84-946043-7-9.
- De cando Antonio Fraguas foi alumno de Castelao (2019). Lela Edicións. ISBN 978-84-946043-9-3.
- Ricardo Carvalho Calero (2019). Lela Edicións. Ilustracións de Miguel Pérez Ramudo. ISBN 978-84-121263-0-3.
- Unha casiña branca na Mariña. Pequena biografía de Filomena Dato (2020). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 978-84-121263-3-4.
- Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Arias (2021). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 978-84-121263-5-8.
- De Valdeorras a México. Terra a nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán (2021). Lela Edicións. 31 páxs. ISBN 978-84-121263-6-5.[2]
- A cabalo dunha pomba. Pequena biografía de Manuel Lueiro Rey (2021). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-121263-4-1.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha de libro". xerais.es. Consultado o 27/04/2018.
- ↑ Nicolás, Ramón (2021-12-23). "De Valdeorras a México. Terra a Nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán, de Polo Correo do Vento". Caderno da crítica. Consultado o 2021-12-23.