Baldomero Lois Asorey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Santiago de Compostela, España |
Morte | 12 de decembro de 1977 (76/77 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | psiquiatra |
Baldomero Lois Asorey, nado en Santiago de Compostela en 1900 e finado na mesma cidade o 12 de decembro de 1977,[1] foi un psiquiatra galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sobriño de Baldomero Lois Pérez. Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela en 1923, sendo Premio Extraordinario de Licenciatura. En 1924 aprobou a oposición da Beneficencia Municipal de Madrid e trasladase á capital onde iniciou a súa formación en Psiquiatría. Obtivo a praza de médico titular do Sanatorio de Conxo, onde realizou unha importante labor de renovación do establecemento. A súa actitude deu lugar a un conflito na empresa que rematou coa súa expulsión e a doutros médicos e empregados. En 1931 leu a súa tese de doutoramento La Creatinina en Psiquiatría. Logo da morte de Francisco Bacariza Varela en 1933, fíxose cargo do seu Sanatorio, no que intentou ofrecer unha asistencia psiquiátrica alternativa é que se vivía en Conxo. En 1957 publicou o libro La Histamina en el tratamiento de las enfermedades mentales, que presenta no Congreso Mundial de Psiquiatría de Zúric.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1929 con Aurora Asorey Segond, que finou en 1933; e en segundas nupcias con Josefina Mastach Prieto en 1939[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ Noticia en El Compostelano, 19-6-1939, p. 2