Antonio Fraguas Saavedra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 A Fonsagrada, España |
Morte | 20 de abril de 1983 (77/78 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, militar |
Carreira militar | |
Rango militar | Alférez provisional |
Familia | |
Fillos | Forges, Enrique Fraguas, Rafael Fraguas, José María Fraguas |
Pai | Constantino Fraguas |
Premios | |
Antonio Fraguas Saavedra, nado na Fonsagrada en 1905 e finado en Madrid o 20 de abril de 1983[1], foi un escritor e xornalista galego.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Constantino Fraguas Couceiro, veterinario titular da Fonsagrada, e de Aurelia Saavedra Lastra. Cursou estudos de Dereito e Farmacia nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid.
En 1931 ingresou na multinacional holandesa Philips na que chegou a ser Apoderado Xeral para España. Pertenceu a Falange Española, participando na guerra civil como alférez provisional. Colaborou nos periódicos Arriba, 7 Fechas e El Español. Fundador do diario Unidad de Donostia.[2]
Foi Director Xeral de Cinematografía e Teatro, e vogal do Sindicato Nacional do Espectáculo. Foi Xefe Superior de Administrador do Estado e Inspector Xeral de Información e Turismo.[3]
Filmou, entre outras películas, Danzas de España, unha das primeiras compilacións sobre o folclore español. Foi finalista do Premio Nacional de Teatro en 1943 por Cumbres y simas e, posteriormente, obtivo o Premio Abraham Lincoln, o Premio Ateneo de Valladolid, o Premio Ondas e o Premio de novela Ciudad de Oviedo, ambos de novela, e os Premios Jauja e Hucha de Oro de contos.
Obras
[editar | editar a fonte]- Cumbres y simas, 1942.
- Don Generoso y los fantasmas, 1961.
- Cuesta arriba, 1964. Premio Jauja de Cuentos.
- Memorias de un Ford T, 1964.
- Unos rosales en China, 1966. Premio Ciudad de Oviedo.
- Don Generoso y los fantasmas, 1968. Premio Ondas de Novela.
- El hombre que no tenía Curriculum-vitae, 1974.
- Cielo santo ¡Los tecnócratas!, 1980.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Ascensión de Pablo López, e foi pai de nove fillos: María, Antonio (Forges), Enrique, Berta, Isabel, María José, Rafael Fraguas (redactor de El País), Paloma e José María Fraguas (Pirracas, realizador de televisión).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Ondas 1960.
- En 2006 dedicáronlle unha rúa na Fonsagrada.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC.
- ↑ 2,0 2,1 "Antonio Fraguas Saavedra, periodista y escritor", El País (22 de abril de 1983)
- ↑ Francisco Rojas Claros (2013). Dirigismo cultural y disidencia editorial en España (1962-1973), Universidade de Alacant, páx. 46 (en castelán).
- ↑ "A Fonsagrada homenajeará el viernes al padre del dibujante Forges, al que dedicará una calle". La Voz de Galicia. 4 de decembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2019. Consultado o 19 de xullo de 2019.