Antonio Dopazo Fernández
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1908 O Pereiro de Aguiar, España |
Morte | 14 de setembro de 1936 (28 anos) Ribadavia, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Antonio Dopazo Fernández, nado no Pereiro de Aguiar o 15 de febreiro de 1908 e finado en Ribadavia o 14 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de Sobrado (Triós). Foi nomeado mestre interino de Froufe (O Irixo) en marzo de 1931,[1] e de Vilouxe (Cerreda, Nogueira de Ramuín) en novembro dese ano.[2] Logo de aprobar as oposicións foi nomeado mestre en propiedade de Triós en novembro de 1934.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Estivo preso en Celanova, de onde o sacaron para asasinalo no río Miño, en Codesal (Ribadavia).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cid Fernández, Xosé Manuel (2017). "A represión franquista en Ourense. Novos argumentos contra a desmemoria da persecución sufrida polo maxisterio". Sarmiento (21): 73–99.