Antonio Camino
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1818 (206/207 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Familia | |
Irmáns | Alberto Camino Domingo Camino |
Antonio Camino Sigüer, nado na Coruña en 1818 e finado en Madrid, foi un poeta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Alberto e Domingo Camino. Fixo estudos de filosofía e medicina. Foi contable no ministerio de Gobernación e empregado de Telégrafos. Participou nas actividades culturais do provincialismo con pezas teatrais como Matilde de Castro, colaboracións na prensa e lecturas poéticas en castelán e, posteriormente, cunha produción en galego. Consérvanse os poemas publicados en 1861 “A noite de San Xoán”, “As malas novas”, “O enterro” e “Nos días de S.A.R. o príncipe don Alfonso”, publicado en 1862.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Murguía, Manuel (1862). Juan Compañel, ed. Diccionario de escritores gallegos. Vigo. p. 136. Consultado o 16 de febreiro de 2013.