Alicia Dorado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | decembro de 1911 A Coruña, España |
Morte | 10 de xullo de 1937 (25 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | asasinato, ferida por arma de fogo |
Ideoloxía política | Anarquismo |
Actividade | |
Ocupación | tecelá, panadeiro |
Alicia Dorado Viso, nada na Coruña a principios de decembro de 1911[1] e finada na mesma cidade o 10 de xullo de 1937, foi unha anarquista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou na fábrica de tecidos La Primera Coruñesa da que foi expulsada pola súa actividade revolucionaria. Despois traballou como panadeira. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasearon ao seu home. Vivía de alugueiro no edificio Villa Rosalía e era amante do anarquista portugués Julio Acevedo Veiga. Foi enlace entre Julio Acevedo e Antonio Fournerakis para a reconstrución da FAI e tiña ocultos na súa casa estes dous dirixentes anarquistas. O 10 de xullo de 1937 a súa casa foi asaltada pola Garda Civil cando estaban agochados nela Acevedo e Fournerakis. No ataque mataron primeiro a Alicia Dorado e a Antonio Fournerakis, mentres Julio Acevedo logrou fuxirr polo tellado e saltar ao balcón do Camiño do Polvorín onde finalmente foi abatido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Eco de Galicia, 8-12-1911, p. 2.